I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
Data de inicio:
luns, Novembro 14, 2022 - 09:00
A I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores para promover e difundir a investigación sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Os traballos que se presentan nesta primeira edición abordan distintas cuestións empíricas, metodolóxicas e teóricas do estudo da variación e do cambio.
Esta xornada, que terá lugar o 14 de novembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, está organizada polo grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega do ILG da USC e polo Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
Poster: