Clara Lago na "IX International Conference Language, Culture and Mind"

Data: 
mércores, Xullo 6, 2022 - 10:30
Imaxe: 

A investigadora do ILG Clara Lago Caamaño participa o día 6 no IX International Conference Language, Culture and Mind, que ten lugar na Universidade de Almería entre o 4 e o 7 de xullo, coa comunicación "Alimentación y malestar en el léxico disponible del gallego".

Na súa charla analizará, cuantitativa e cualitativamente, as variables sociais asociadas coa aparición de formas léxicas sobre a alimentación relacionadas co malestar nas enquisas realizadas para o Léxico dispoñible do galego por López Meirama e Álvarez de la Granja en 2014 e nas efectuadas por ela mesma en 2020-2021 e comparará a frecuencia nas dúas mostras.