Presentación dun libro de homenaxe a Harvey L. Sharrer
Data:
venres, Decembro 2, 2022 - 19:30
Imaxe:
No marco do Simposio do ILG 2022, que vai ter lugar do 28 de novembro ao 2 de decembro na Facultade de Filoloxía, vaise presentar o libro «Tenh’eu que mi fez el i mui gram bem». Estudos sobre cultura escrita medieval dedicados a Harvey L. Sharrer (Sílex, 2022), editado polo colaborador do ILG Ricardo Pichel. O acto terá lugar o día 2, ás 19:30 h, no salón de graos.
Ademais, o 6 de decembro, ás 12 h, será tamén presentado no Colégio Almada Negreiros (sala SE1, piso 0) de Lisboa.