Xoán Goris recibe a mención especial nos Premios á calidade lingüística
Data:
xoves, Marzo 2, 2023 - 16:30
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/xoan_goris_2.jpg?itok=0-O986IW)
O día 1 entregáronse no Paraninfo da USC os Premios á calidade lingüística, promovidos polo Servizo de Normalización Lingüística desta universidade, aos mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM) escritos en galego no ano lectivo 2021/2022.
O investigador do ILG Xoán Carlos Goris García recibiu unha mención especial polo TFM Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico en galego, dirixido por Xosé Luís Regueira Fernández.