Biblioteca dixital da Galicia Medieval (BGM)

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Descrición: 

En decembro de 2012 púxose na rede a primeira entrega da Biblioteca dixital da Galicia Medieval, un proxecto de alento interuniversitario (Santiago de Compostela / Vigo / A Coruña) co que se pretende ofrecer inicialmente desde o Instituto da Lingua Galega unha batería plural de recursos ao servizo da investigación sobre aspectos diversos da Galicia medieval. Nesta primeira versión inclúense unicamente recursos textuais, deixando para máis adiante a incorporación de materiais gráficos, bibliográficos, artísticos, literarios, etc.

Quíxose comezar por obras dotadas de valor científico pero tamén simbólico e por iso escolleuse a Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago de Compostela (11 tomos) de Antonio López Ferreiro (Santiago: Imprenta y Enc. del Seminario Conciliar Central [1898-1909]), como faciana de presentación. Están dispoñibles na actualidade os tomos II e III. Os textos son accesibles á íntegra e é posible traer á pantalla, en formato PDF, a reprodución escaneada da edición empregada como fonte.

Imaxe: 
Data de execución: 
2012 a 2018
Financiamento: 
Carece de financiamento