O persoal investigador do ILG participa neste mes de xuño en diversos eventos científicos.
Novidades
-
Membros do ILG en distintos eventos científicos
30/06/23 -
II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
30/06/23Amplíase ata o 30 de xuño de 2023 o prazo para o envío de propostas de comunicación á II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega da USC e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Esta segunda edición terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Atopan a primeira receita médica en galego
21/06/23Ricardo Pichel, colaborador do ILG e profesor da Universidade de Alcalá de Henares, e Ricardo Pousa, da Universidade de Vigo, son os responsables de encontrar a primeira receita médica en galego. Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid.
-
Xulio Sousa nun encontro da rede CLARIAH-ES
16/06/23O investigador do ILG Xulio Sousa participou os días 15 e 16 de xuño nun encontro na Universidade de Alicante para crear a infraestrutura da rede estratéxica CLARIAH-ES.
-
Cursos de verán da USC
16/06/23Membros do ILG organizan e participan nos cursos de verán da USC Corpus lingüísticos: recursos e métodos para a súa explotación e Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX. O primeiro terá lugar do 10 ao 14 de xullo na Facultade de Filoloxía e o segundo, do 4 ao 6 de setembro en Vilanova de Lourenzá. O prazo de matrícula aínda se atopa aberto.
-
II Congreso Toponomasticon Hispaniae
15/06/23Encóntrase aberto ata o 15 de xuño o prazo de envío de propostas para o II Congreso Toponomasticon Hispaniae. Claves en la investigación toponímica, que terá lugar en Miraflores de la Sierra e Alcalá de Henares (Madrid) entre os días 2 e 4 de outubro de 2023.
-
O galego ante o desafío da sociedade multilingüe
08/06/23A investigadora do ILG Dolores Vilavedra coordina a xornada O galego ante o desafío da sociedade multilingüe, que terá lugar o 8 de xuño no Consello da Cultura Galega.
-
O proxecto Nós dá a coñecer os seus tres primeiros prototipos
06/06/23As tres primeiras ferramentas dispoñibles do proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, foron presentadas onte na Cidade da Cultura. Estes prototipos posibilitarán a interacción en galego entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos.
-
Elisa Fernández Rei, nova directora do ILG
03/06/23O pasado 30 de maio Elisa Fernández Rei foi nomeada nova directora do ILG. Estará acompañada na secretaría por María Álvarez de la Granja, quen xa desempeñou o cargo de secretaria durante a dirección de Xosé Luís Regueira.
-
Persoas premiadas no test perceptivo
02/06/23O día 1 de xuño, ás 16 h, tivo lugar no ILG o sorteo de dúas tarxetas regalo entre as persoas participantes no test perceptivo realizado por Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei. As gañadoras son mariabe e rhernandezarias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »