A profesora Márluce Coan (UFC / CNPq) impartirá un seminario sobre sociolingüística cuantitativa no que se explicará o funcionamento do programa Goldvarb.
Novidades
-   
          Curso: Sociolingüística cuantitativa25/02/19
-   
          LaTeX para lingüistas12/02/19O obxectivo deste curso é ofrecer unha introdución ao sistema de composición de textos LaTeX. Sería de especial interese para persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento e/ou que traballen no ámbito da lingüística, mais pode servir de introdución para calquera persoa que non coñeza LaTeX. 
-   
          Seminario Reflexividade sociolingüística: concepcións e cambios socioculturais30/01/19O profesor Héctor Muñoz Cruz analizará a importancia, a natureza e a estrutura lóxico-discursiva de razoamentos, actitudes e algunhas outras formas de cognición social sobre a diversidade lingüística e a comunicación intercultural expresadas en actividades reflexivas de falantes e de institucións. 
-   
          A variación lingüística e o portugués do Brasil29/01/19O martes 29 de xaneiro, a profesora Irenilde Pereira dos Santos (Universidade de São Paulo) impartiu na Sala de Conferencias do ILG ás 16.00 h a conferencia "A variação linguística e o Português do Brasil: o léxico em foco". 
-   
          Defensa da tese de doutoramento de Isabel Corral Pérez29/01/19O martes 29 de xaneiro ás 10:30 h Isabel Corral Pérez defendeu no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía a tese de doutoramento "Diversidad lingüística indígena en Hispanoamérica. Una visión interdisciplinar centrada en el caso mexicano". 
-   
          Presentación do libro La lingua delle Cantigas22/01/19O xoves 31 de xaneiro tivo lugar a presentación do libro La Lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese, do profesor Pär Larson. 
-   
          Presentación do libro Antroponimia e lexicografía15/01/19O martes 15 de xaneiro tivo lugar a presentación do libro Antroponimia e lexicografía. 
-   
          Convocatoria pública de contratación de persoal15/01/19Resolución 1/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación. 
-   
          Convocatoria pública de contratación de persoal15/01/19Resolución 4/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación. 
-   
          Premios da Cultura Galega 201811/01/19O venres día 11 de xaneiro ás 12.00 horas en Montederramo tivo lugar a entrega dos Premios da Cultura Galega 2018. 
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  









