Novidades

  • Presentación Gallaeciae Monumenta Historica

    15/01/15

    O xoves 15 de xaneiro no CCG ás 12:30 h, tivo lugar a presentación do proxecto Gallaeciae Monumenta Historica, no que participa o ILG.

  • Chamamento para contribucións (Call for papers)

    15/01/15

    A revista Estudos de Lingüística Galega fai unha chamada para o envío de contribucións que serán publicadas no número 7 (2015). O prazo para a recepción de traballos remata o 15 de xaneiro de 2015.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    12/01/15

    Convocatoria pública 1/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

  • Web interactiva sobre a evolución dos nomes máis populares en Galicia

    18/12/14

    Investigadores do ILG elaboraron un gráfico interactivo sobre os 10 nomes de nenos e nenas máis comúns entre 2000 e 2013.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    10/12/14

    Convocatoria pública 13/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

  • Un proxecto do ILG acada a axuda da Fundación BBVA

    05/12/14

    O profesor Xulio Sousa participa nun dos proxectos que acadaron axuda na primeira edición de Ayudas Fundación BBVA a Proyectos de Investigación en Humanidades digitales.

  • Conferencia sobre partitividade e fenómenos afíns

    27/11/14

    O xoves 27 de novembro ás 13:00 h, David Paul Gerards, investigador da Universidade de Zürich, realizou unha presentación sobre "Partitivos, partitividade e fenómenos afíns nas linguas romanicas e non románicas".

  • Ponse en marcha a Colección Limiar do ILG

    26/11/14

    A Colección Limiar é unha iniciativa do ILG que xorde coa vontade de consolidarse como vía de difusión en soporte dixital para aquelas monografías orixinais que estean centradas nalgún aspecto directamente relacionado coa lingüística e a filoloxía galegas.

  • Conferencia de Gabriel Rei-Doval

    26/11/14

    O mércores 26 de novembro, Gabriel Rei-Doval, profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, impartiu unha conferencia titulada "A sociolingüística hispánica nos EEUU: unha historia preliminar".

  • Clausura do Simposio ILG 2014

    22/11/14

    O sábado 22 de novembro, ás 9:30 h no Consello da Cultura Galega, terá lugar a derradeira sesión do Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media.

Páxinas