A investigadora do ILG Ana Isabel Boullón Agrelo ingresou na Real Academia Galega o 11 de decembro tras a lectura do discurso Todos os nomes: identidade, pobo, país.
Novidades
-   
          Ana Boullón, nova académica de número da RAG13/12/21
-   
          Ana Boullón ingresará na RAG o 11 de decembro11/12/21A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 11 de decembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Ana Isabel Boullón Agrelo como membro de número da Institución. O acto terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal. 
-   
          Xulio Sousa nos Obradoiros TFG/TFM da Facultade de Filoloxía02/12/21O investigador do ILG Xulio Sousa participará o xoves 2 de decembro, ás 18:00 h, nos Obradoiros do TFG/TFM organizados na Facultade de Filoloxía da USC. 
-   
          Manuel González, novo académico correspondente de Euskaltzaindia29/11/21O investigador Manuel González González foi elixido académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca. 
-   
          Conferencia de Xulio Sousa na Universidade Federal de Mato Grosso do Sul28/11/21O investigador do ILG Xulio Sousa participou cunha conferencia nos cursos organizados polo Núcleo de Estudos do Léxico da Universidade Federal de Mato Grosso do Sul. 
-   
          Defensa da tese de doutoramento de Concepción Álvarez Pousa26/11/21O venres 26 de novembro, ás 11:30 h, Concepción Álvarez Pousa defenderá a súa tese de doutoramento "A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico". 
-   
          Conferencia de Xosé Luís Regueira na Universidade do País Vasco24/11/21O investigador do ILG Xosé Luís Regueira participará no XI Seminario Internacional sobre Lengua y Literatura que terá lugar na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco (Vitoria-Gasteiz) os días 24 e 25 de novembro. 
-   
          Conferencia de Maria Rilda Alves da Silva Martins23/11/21O vindeiro martes 23, ás 11:30 h, a investigadora visitante Maria Rilda Alves da Silva Martins, da Universidade Federal do Pará, ofrecerá na sala de conferencias do instituto a charla Variação de nós e a gente nas capitais brasileiras: Estudo a partir do Corpus do Atlas Linguístico do Brasil.
-   
          Convocatoria pública de contratación de persoal19/11/21Convócanse dous contratos de investigación no ILG a tempo parcial (50% de dedicación). O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de novembro. 
-   
          Dispoñibles en Youtube as sesións do Simposio ILG 202108/11/21As sesións do Simposio ILG 2021 xa poden visualizarse na canle de Youtube da USC. 
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »
 
                  




