ALGa dixital

Descrición: 

O ALGa dixital é un proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela co mecenado da Fundación Barrié que procura ofrecer acceso en liña a unha selección de materiais do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). O proxecto pon á disposición da comunidade investigadora e do público interesado información sobre a variación dialectal do galego recollida en 167 localidades do dominio lingüístico galego durante a década de 1970.

A través de mapas interactivos de fonética, morfosintaxe e léxico, o usuario pode explorar a distribución xeográfica das distintas variantes lingüísticas e consultar as respostas documentadas, as súas transcricións fonéticas e as observacións asociadas. A plataforma incorpora ferramentas de busca sinxela e avanzada que facilitan o acceso e a análise dos datos, contribuíndo así á investigación, á divulgación e á preservación do patrimonio lingüístico galego.

Tamén colaboraron no proxecto: Lucía Doval Iglesias (ILG-USC) e as estudantes en prácticas no ILG-USC Rebeca Rivas Gómez, Noa Sobrino Lamas e Fiana Leilía Lamas Rodríguez.

Data de execución: 
2023 a 2026
Financiamento: 
Mecenado da Fundación Barrié