Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Ann Hui-Huan Chang (En chinés: 張惠環, Pinyin: Zhāng Huìhuán)
chinés, indonesio, inglés, tao/yami
1969, Taichung, Taiwán
Antes de mergullarse no mundo da lingüística, a Doutora. Chang especializouse en Ciencias da Información. Movida polo seu interese na lingua inglesa, trasladouse á Universidade de Providence (Taiwán) para cursar os seus estudos. Licenciouse nesta universidade en Lingua e Literatura Inglesas e posteriormente obtivo o Mestrado en Lingüística. Na Universidade de Providence foi contratada como asistente de investigación pola súa formación previa en procesamento de datos. Por encargo do Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (NSIC), a Doutora Chang ocupouse por primeira vez da lingua Yami/Tao, que difire substancialmente tanto do inglés como do chinés. Empregou os seus coñecementos en ferramentas dixitais para o procesamento de datos de corpus, a construción dunha base de dados léxica, así como a compilación de varios dicionarios impresos para esta lingua ameazada, o Yami/Tao. En 2018, a Chang rematou a súa tese de doutoramento titulada “Estudos de Caso sobre a Variaçión Sociolingüística Yami” na Universidade Nacional Chung-Cheng (NCCU), Taiwán. A Doutora Chang colaborou coa Dra. Victoria Rau e con Maa-Neu Dong, unha falante nativa de Yami/Tao e activista para a revitalización da lingua. Xuntando as súas respectivas fortalezas, contribuíron ao desenvolvemento de materiais de aprendizaxe on-line e, coa axuda da tecnoloxía dixital, á documentación lingüística. Paga a pena mencionar que os materiais de aprendizaxe abranguen agora tamén o ensino do indonesio, outra lingua austronesia, igual que o Yami/Tao. Ademais, os seus esforzos tamén levaron á publicación de varios dicionarios da lingua Yami/Tao. Un dos maiores desafíos na compilación do dicionario, como lembrou a Dra. Chang, é, por exemplo, o complexo sistema ontolóxico da lingua Yami/Tao - especialmente no que atinxe aos termos ictiolóxicos e botánicos - tendo en conta a cultura marítima do pobo Tao e o seu coñecemento profundo nestas áreas. Por tanto, estes conceptos esixen numerosas consultas para averiguar os seus referentes exactos. Actualmente, a Doutora Chang é profesora asistente adxunta en ensino de inglés para estudantes de primeiro ano, aprendizaxe de lingua asistida por computador e lingüística na Universidade Nacional de Tecnoloxía de Chin-Yi e na Universidade de Providence (ambas en Taiwán). Alén diso, continúa a traballar no Equipo de Arquivo Yami, liderado pola Doutora Victoria Rau. Chang está a traballar nun dicionario de frecuencia multimedia de lingua oral diferenciado por dominios semánticos. Outros proxectos en curso inclúen arquivo dixital e o desenvolvemento de materiais didácticos.
● Rau, Victoria, Maa-neu Dong, and Ann Hui-Huan Chang with Daniel E. Rau and Gerald A. Rau (Eds.). (2012). 達悟語詞典 (Dicionario de yami (tao); Yami (Tao) dictionary). National Taiwan University Press. https://museum02.digitalarchives.tw/validUser?from=/teldap/2008/yamibow/index_TAO.htm ● Rau, Victoria, Maa-neu Dong, and Ann Hui-Huan Chang (Eds.). (2018). 達悟語聖經詞典 (Dicionario bíblico yami; Yami Bible Dictionary). The Bible Society in Taiwan. Online presence: http://annhhchang.url.tw/YamiBibleWeb/YAMIBIBLEDICTIONARY/lexicon/index.htm
● Extracto: Rau, Victoria, Maa-neu Dong, and Ann Hui-Huan Chang with Daniel E. Rau and Gerald A. Rau (Eds.). (2012). 達悟語詞典 (Dicionario de yami (tao); Yami (Tao) dictionary). National Taiwan University Press. https://museum02.digitalarchives.tw/validUser?from=/teldap/2008/yamibow/index_TAO.htm O dicionario inclúe 6084 entradas e ofrece as seguintes rutas de acceso: 1. Lemas en yami (ben alfabeticamente, ben segundo a raíz da palabra) 2. Equivalentes en chinés (ordenados fonoloxicamente de acordo coa transliteración en Zhuyin) 3. Equivalentes semánticos en inglés.
1. Referencias: ● Chang, Ann Hui-Huan. (2023). Tao Documentation (Páxina web personal). https://hhchangtw.wixsite.com/taodocumentation ● Frequency dictionary of spoken corpus differentiated by semantic domains (proxecto en curso). (2023). http://annhhchang.url.tw/SummerCourse/TAOSDDIC/LEXICON/lexicon/index.htm ● Tao Documentation. (2023). https://tao.ccu.edu.tw/ (en chinés) 2. Foto:correspondencia privada
U-Tong Sih
María José Domínguez Vázquez
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 14/01/2026 ás 03:51].
Inicia sesión para deixar un comentario.