Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Galstyan, Anahit

Creado por sedahovhannisyan o 15/01/2026 ás 14:33.

Nome / Name

Anahit Galstyan (En armenio: Անահիտ Գալստյան)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Armenio, ruso

Información biográfica / Biographical information

01.07.1952, Iereván, Armenia

Traxectoria profesional / Career description

1959-1969 – estudou na escola D. To Varuzhan 89 de Iereván e recebíu a medalla de ouro. 1969-1974 – estudou na Universidade Estatal de Iereván, Facultade de Filoloxía, Departamento de Lingua e Literatura Armenia. En 1985 defendeu unha tese de doutoramento sobre "Psychological analysis of communication".(Análise psicolóxica da comunicación). 1978-1986 - traballou como axudante sénior de laboratorio na Academia Nacional de Ciencias de Armenia no Acharyan Instituto da Lingua. 1986-1991 - traballou como investigadora doutora na Academia Nacional de Ciencias de Armenia no Acharyan Instituto da Lingua. Dende 1991 ata o día de hoxe traballa como investigadora sénior na Academia Nacional de Ciencias de Armenia no Acharyan Instituto da Lingua. Foi tamen docente na Escola de Arquitectura e Construción de Iereván (1990-1993), na Universidade Estatal de Iereván (2002), na Universidade Francesa de Iereván (2003) e na Universidade Estatal de Iereván (2007-2011 e 2013-2014).

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Actualmente, estase a compilar no Departamento de Lexicografía un dicionario de neoloxismos cuxo traballo de recolleita de materiais continúa. Estase preparando a listaxe de palabras que conforman o dicionario, diferenciando as expresións fixas e os modismos e anotando as súas características estruturais e semánticas. A directora do devandito departamento é Anahit Galstyan. No "Նոր բառեր" ["Novas palabras"], a parte "C" contén máis de 1440 palabras que non están rexistradas nos dicionarios listados na páxina 157 de parte “C”. Tras o título, indícase o tipo de palabra, a súa definición, un exemplo, a fonte, así como notas terminolóxicas e estilísticas. A definición da palabra corresponde ao seu significado no texto en que figura. O dicionario foi compilado por A. S. Galstyan (entradas con 400 palabras), S. A. Galstyan (entradas con 500 palabras), G. K. Hovsepyan (entradas con 300 palabras) e A. G. Sahakyan (entradas con 240 palabras). Antes de comezar este traballo, traballou noutros proxectos: Լեզվաբանական տերմինների գործածության սխալների և հարակից այլ հարցերի մասին.- Ջահուկյանական ընթերցումներ, 2013, էջ 19-24 [Sobre erros no uso de termos lingüísticos e outras cuestións relacionadas: - Yahuk readings, 2013, pp. 19-24]. Հայերեն լեզվաբանական տերմինների գործածության և կանոնարկման հարցեր.- Հայագիտական միջազգային երկրորդ համաժողով. <<Հայագիտությունը և արդի ժամանակաշրջանի մարտահրավերները>>. Զեկուցումների թեզիսներ.- Եր.,ՀՀ ԳԱԱ <<Գիտություն>> հրատ. 2013, 115-116 էջ [Problemas no uso e regulamentación de termos da lingua armenia: Segundo Congreso Internacional sobre Estudos Armenios. "Estudos Armenios e os Desafíos dos Tempos Modernos". Resumos dos relatorios: - Yer., Academia Nacional de Ciencias de Armenia, <<Science>> ed., 2013, pp. 115-116]. Նոր բառեր. Ե պրակ. Եր., «Գիտություն» հրատ, 2020, 176 էջ, (հեղինակակիցներ՝ Գալստյան Ս. Ա., Հակոբյան Ֆ. Ա., Հովսեփյան Գ. Կ., Մուշեղյան Ա. Հ., Սահակյան Ա. Գ. [Novas palabras. E part. Yer., "Science" ed., 2020, páxina 176, (outros autores son Galstyan S. A., Hakobyan F. A., Hovsepyan G. K., Musheghyan A. H., Sahakyan A. C.)]. Արևմտահայերենի և արևելահայերենի լեզվաբանական տերմինների զուգադրական քննություն.- Արևմտահայերենի և արևելահայերենի տերմինային համակարգերի զուգադրական քննություն. Եր., «Ասողիկ», 2014, էջ 83-107 (հեղինակակիցներ՝ Ն. Գ. Հովհաննիսյան,Ս. Կ. Տիոյան) [Estudo comparativo dos termos lingüísticos do armenio occidental e oriental. - Estudo comparativo dos sistemas conceptuais do armenio occidental e oriental. Yer., "Asoghik", 2014, pp. 83-107 (outros autores son N. C. Hovhannisyan, S. K. Tioyan)].

Ligazóns / Links

Extracto de obra: http://language.sci.am/sites/default/files/book/nor_barer_-_g_prak.pdf O dicionario «Նոր բառեր» ["Novas palabras"] é un traballo recente do equipo de lexicografía da Academia Nacional de Ciencias de Armenia. Embaixo móstranse os lemas que comezan coa letra «Ո» [“Vo”].

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

Anahit Galstyan ten un gran interese polos traballos realizados no campo da psicolingüística, lexicoloxía, terminoloxía, lingua infantil e ensino da lingua materna. Tamén se preocupa por cuestións relativas ás actitudes e ao ensino do armenio como segunda lingua estranxeira na comunidade franco-armenia.

Fontes / Sources

1. Fotografía: Hr. Acharyan Language Institute, Anahit Galstyan. http://language.sci.am/hy/lexicography/galstyan-anahit.html 2. Fonte privada 3. Hr. Acharyan Language Institute, Anahit Galstyan. http://language.sci.am/hy/lexicography/galstyan-anahit.html

Aut@r da entrada / Author of the entry

Seda Hovhannisyan

Tradución da entrada / Translation of the entry

María Álvarez de la Granja

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 03:38].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios