Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Ingeborg Geyer, nada Schönhuber
Alemán e dialectos austríacos
03.02.1950 (Linz, Austria)
Ingeborg Geyer licenciouse (1968-1976 ) en Filoloxía Alemá e Inglesa pola Universität Wien (Universidade de Viena). No ano 1976 doutorouse con summa cum laude cunha tese titulada Die deutsche Mundart von Tischelwang (Timau) in Karnien (Oberitalien) (O dialecto alemán de Tischelwang (Timau) en Carnia (Alta Italia)). En paralelo aos seus estudos, comezou a traballar no 1972 como asistente de investigación no actual Institut für Österreichische Dialekt- und Namenlexika (Instituto de Enciclopedias Austríacas de Dialectos e Nomes, DI-NAMLEX) da Österreichische Akademie der Wissenschaften (Academia Austríaca das Ciencias, ÖAW). Dende o 1973 e ata o día de hoxe, é investigadora nesa mesma institutción. Entre os diferentes cargos que desempeñou atópanse o de directora adxunta de DINAMLEX, o de editora (ata o presente) do Wörterbuch der bairischen Mundarten in Österreich (WBÖ) (Dicionario de dialectos bávaros en Austria, WBÖ) e o de directora (ata o presente) de DINAMLEX. Ademais, forma parte do Consello Asesor do Arbeitskreis der Wiener Altgermanisten (Círculo de Traballo dos Antigos Xermanistas Vieneses), é presidenta da Verein der Freunde der im Mittelalter von Österreich aus besiedelten Sprachinseln (Asociación de Amigos das Linguas Asentadas en Austria na Idade Media), consultora do Consorzio Universitario de Friuli, membro do wissenschaftl. Beirat des Österreichischen Volksliedwerkes (Consello Científico Asesor da Asociación Austríaca da Canción Popular), examinadora de UNESCO - Austria e editora de Beiträge zur Sprachinselforschung (Contribuciones a la investigación sobre las islas lingüísticas.).
- Scheer, Herfried & Geyer, Ingeborg. (1986). Die deutsche Mundart von Tischelwang (Timau) in Karnien (Oberitalien). Language. 62. 946. 10.2307/415195. - Pober, Maria & Geyer, Ingeborg & Wandl-Vogt, Eveline & Piringer, Barbara. (2016). Von vielrednerischen Weibern und alles erforschenden Männern – Genderasymmetrien in der Datenbank der bairischen Mundarten in Österreich (DBÖ) im Vergleich mit Großwörterbüchern der Gegenwart. - Geyer, Ingeborg. (2018). Wortschatzentwicklung in den Sprachinseln Sappada/Pladn, Sauris/Zahre und Timau/Tischelwang im historischen Friaul. Germanistische Linguistik. 239-240. SS 325-342.
Extracto de obra: Bewerbung um Eintragung des Montafoner Dialekts in die nationale Liste des immateriellen Kulturerbes der UNESCO. (Solicitude de inscripción do dialecto montafonés na lista nacional do patrimonio cultural inmaterial da UNESCO). https://www.unesco.at/fileadmin/Redaktion/Kultur/IKE/IKE-DB/files/1193.pdf
No seu propio perfil de LinkedIn, Ingeborg Geyer preséntase como lexicógrafa e defensora dos dereitos humanos. É membro do ZONTA Club de Viena dende 1985, formou parte da súa Xunta Directiva, así como do Comité Internacional de Candidaturas, e é a encargada de representar a devandita organización na ONU en Viena dende 2002. Entre os anos 2018 y 2020 chegou a presidir o Comité Internacional de ZONTA na ONU en todo o mundo.
1. Foto: The Alliance of NGOs on Crime Prevention & Criminal Justice: https://crimealliance.org/about/members-of-the-board/ 2. Bibliografía: Datenbank der Bairischen mundarten in Österreich: https://dboema.acdh.oeaw.ac.at/projekt/personen/geyer Linkedin: https://www.linkedin.com/in/geyer-ingeborg-200606128/?originalSubdomain=at Research Gate: https://www.researchgate.net/profile/Ingeborg-Geyer
Lola Mosquera Sánchez
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 03:38].
Inicia sesión para deixar un comentario.