Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Hechtenberg Collitz, Klara

Creado por ivan_arias o 15/01/2026 ás 13:12.

Nome / Name

Klara Hechtenberg Collitz (née Klara Hechtenberg)

Linguas de traballo / Work languages

Alemán, inglés, francés, italiano, español, latín e grego

Información biográfica / Biographical information

1863 (Rheydt bei Mönchengladbach, Alemaña) – 1944 (Baltimore, EUA) Klara Hechtenberg naceu en Alemaña, aínda que a súa xuventude estivo marcada por viaxes e estadías en diferentes países da Europa de fins do século XIX. Nomeadamente, viviu un ano e medio en Lausanne (Suíza), onde conseguiu mellorar o seu dominio da lingua francesa. Posteriormente mudouse a Oxford (Reino Unido) para realizar os seus estudos de licenciatura, onde chegou a traballar como profesora universitaria. Despois desta época inicial como docente, regresou a Alemaña para realizar os estudos de doutoramento. Pouco despois coñeceu o seu futuro marido, Hermann Collitz, con quen emigrou para os Estados Unidos de América. Após casaren, ela deixou de traballar como profesora na universidade, a pesar de que continuou a participar en congresos e a publicar artigos científicos de relevancia.

Traxectoria profesional / Career description

Estudou Filoloxía na Universidade de Oxford e deu aulas en diferentes universidades do Reino Unido. Posteriormente regresou a Alemaña para realizar e defender a súa tese de doutoramento na Universidade de Heidelberg (1901), baixo a supervisión do profesor e medievalista Wilhelm Braune. Esta época inicial da súa carreira académica e profesional estivo marcada sempre pola súa participación como docente en diferentes universidades tanto do Reino Unido como de Alemaña. Daba aulas non só de lingua e lingüística alemá, mais tamén de filoloxía románica. Tivo unha participación activa na Sociedade Lingüística de América e o seu traballo lexicográfico centrouse principalmente na análise de extranxeirismos e préstamos lingüísticos.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Das Fremdwort bei Grimmelshausen: ein beitrag zur fremdwörterfrage des 17. jahrhunderts (“Extranxeirismos en Grimmelhausen: achega á cuestión dos extranxeirismos no século XVII”) (1901). Nesta tese ofrécese unha contaxe estatística dos estranxeirismos que ocorren en varios traballos de Grimmelhausen. As unidades lexicais analizadas son, ademais, determinadas etimoloxicamente atendendo a unha serie de parámetros previamente delimitados. Fremdwörterbuch des 17. Jahrhunderts (“Dicionario de estranxeirismos do século XVII”) (1904). Trátase de un traballo lexicolóxico e lexicográfico que recolle os estranxeirismos máis frecuentes tomando como punto de partida un corpus de cartas e textos escritos no século XVII. Deseñou, desta forma, unha tendencia xeral na evolución do léxico en diferentes linguas europeas. Verbs of motion in their semantic divergence (“Verbos de movement na súa diverxencia semántica) (1931) Obra lexicográfica que contiña listas de verbos en diferentes linguas. O obxectivo ultimo deste traballo consistía en explicar a expansión semántica e os usos figurados que tiñan os verbos de movemento escollidos, prestando atención especial a acepcións relacionadas coa propiedade ou adecuación.

Ligazóns / Links

Verbs of motion and their semantic divergence (1931): Este traballo, publicado en Language 7(1) pode consultarse na seguinte lingazón: https://www.jstor.org/stable/522018?seq=15#metadata_info_tab_contents

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

Klara Hechtenberg estivo presente na asemblea fundacional da Sociedade Lingüística de América (LSA, na súa abreviatura en inglés), converténdose en 1928 en membro activo da mesma até á súa morte. Antes do seu pasamento, legou boa parte da súa fortuna á LSA para a creación dunha cátedra en Lingüística Contrastiva, tamén coñecida como a cátedra Hermann e Clara H. Collitz na Universidade de California en Santa Bárbara.

Fontes / Sources

1. Bibliografía Falk, J. (2014). Women, language and linguistics: three American stories from the first half of the twentieth century. Routledge. McLelland, N. (2022). Women in the history of lexicography. An overview, and the case of German. En Proceedings of the XX EURALEX Congress, pp. 53-70. 2. Traballo lexicográfico Hechtenberg Collitz, K. (1901). Das fremdwort bei Grimmelshausen: ein beitrag zur fremdwörterfrage des 17. jahrhunderts. Universidade de Heidelberg. Hechtenberg Collitz, K. (1904). Fremdwörterbuch des 17. jahrhunderts. B. Behr. Hechtenberg Collitz, K. (1931). Verbs of motion and their semantic divergence. En Language 7(1), pp. 5-118.

Aut@r da entrada / Author of the entry

Iván Arias Arias

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 03:38].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios