Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Annette Klosa-Kückelhaus
Alemán, Inglés
Nacida en 1966 en Alemaña
O percorrido académico e profesional de Annette Klosa reflicte a súa experiencia e compromiso coa lingüística e lexicografía da lingua alemá. Entre 1985 e 1991 estudou lingua e literatura alemás, historia e prehistoria en Bamberg, Mainz e Múnic. A súa tese de mestrado, titulada “Formenmischung starker und schwacher Verben als Normproblem im neueren Deutsch” (A mistura formal de verbos fortes e débiles como problema normativo no alemá moderno)puxo de manifesto o seu temperán interese polas normas lingüísticas do alemán contemporáneo. Tras completar o mestrado, Klosa traballou como asistente editorial na Ceres-Verlag R.A. Oetker en Bielefeld. Posteriormente, de 1992 a 1995, doutorouse en Lingüística Alemá na Universidade de Bamberg coa tese “Negierende Lehnpräfixe des Gegenwartsdeutschen” (Prefixos negativos de préstamos do alemán contemporáneo). Durante ese período, tamén colaborou coa súa universidade como profesora de alemán como lingua estranxeira e xermanística. Ademais, traballou no Departamento de Prensa e Relacións Públicas da Universidade de Bamberg, ao cal contribuíu con artigos publicados no xornal da universidade. A súa traxectoria levouna ata a editorial Duden (Mannheim) en 1996, onde foi membro do Consello Académico. Tras deixar ese posto en 2001, incorporouse ao Instituto da Lingua Alemá como asistente de investigación, supervisando o proxecto “elexiko”, un dicionario en liña do uso público da lingua. O compromiso internacional de Annette Klosa levouna a Vietnam o 1 de setembro de 2015, onde dirixiu durante dous anos o centro de información do Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD) na cidade de Ho Chi Minh. Simultaneamente, traballou como profesora no departamento de alemán da Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade Nacional de Ho Chi Minh. Anteriormente, en 1996 e 2001, impartira clases fóra de Alemaña como profesora asistente convidada de alemán na Universidade do Sur de Sewanee (Tennessee). Klosa asumiu a dirección dos proxectos “New Vocabulary” (2017-2021) e “Vocabulary in Interaction” (2020-2021). Desde o 2019, é a directora do programa “Lexicography and Language Documentation”, amosando a súa dedicación no avance da especialidade. A rica e variada experiencia de Annette Klosa destaca as súas importantes contribucións aos ámbitos da lingüística alemá, a lexicografía e a documentación lingüística.
Annette Klosa desempeñou un papel crucial en varios comités e postos editoriais, demostrando a súa gran influencia no ámbito da lingüística e lexicografía. Como portavoz do Comité de Persoal e membro da Xunta Executiva do IDS do 2011 ao 2015, Klosa amosou o seu compromiso co liderado organizativo. Como editora, contribuíu de maneira significativa a “OPAL – Online published works on linguistics” (2011-2015) e a “amades – Arbeiten und Materialen zur deutschen Sprache” desde o número 57 en diante, colaborando con recoñecidos/as compañeiros/as. O seu liderado esténdese á dirección da sección de lexicografía e a ser membro do consello asesor da “Gesellschaft für angewandte Linguistik e. V.” do 2014 ao 2021. As súa capacidade organizativa resulta patente grazas ao papel de coordinadora principal do XX Congreso Internacional EURALEX en Mannheim do 12 ao 16 de Xullo de 2022. É membro do Comité do Programa da conferencia EURALEX desde 2020, do Comité Científico das conferencias eLex desde 2013, das conferencias EURALEX desde 2014 e dos talleres GLOBALEX desde 2018, o que pon de relevo a súa dedicación ao avance deste campo. Tamén foi coordinadora da rede académica financiada pola DFG "Internet Lexicography" desde 2011 a 2015. En xeral, as polifacéticas contribucións de Annette Klosa manifestan a súa influencia e compromiso co avance da lingüística e a lexicografía. A lista de publicacións de Klosa é extensa, pero aquí se recollen varios dos seus traballos máis recentes: 1. Internet Lexicography. An Introduction. (Editora) – Publicación prevista para setembro de 2024. 2. Ways out of the Dictionary: Hyperlinks to Other Sources in German and African Online Dictionaries. - Lexikos 33(2), 2023 3. Introducing NeoRate: A corpus-lexicographic tool to support the detection of unregistered words for a German COVID-19 discourse dictionary. (En coautoría con Jan Oliver Rüdiger) - Lexicography. Journal of Asialex 10(2), 2023 4. Tracking the acceptance of neologisms in German: Psycholinguistic factors and their correspondence with corpus-linguistic findings. (En coautoría con Sascha Wolfer) - Humanities and Social Sciences Communications, 2023 5. Neuer Wortschatz rund um die Coronapandemie. - OWID Neologismenwörterbuch, Leibniz-Institut für Deutsche Sprache, Mannheim, 2023 A continuación, unha selección de publicacións anteriores: 1. "Duden – Deutsches Universalwörterbuch." (En coautoría) - Mannheim 2007 2. elexiko – Erfahrungsberichte aus der lexikografischen Praxis eines Internetwörterbuchs. - Colloque du Centre International de Rencontres sur le XVIIe siècle organisé à Ajaccio, 2011 3. Wortbildung im elektronischen Wörterbuch. - Narr Francke Attempto, 2013 4. Internetlexikografie – Ein Kompendium. (En coautoría con Carolin Müller-Spitzer) -Berlin/Boston 2016. 5. Aufklärer, Sprachgelehrter, Didaktiker – Johann Christoph Adelung (1732–1806). (En coautoría con Heidrun Kämper e Oda Vietze) - Narr Francke Attempto. 6. Langenscheidt Taschenwörterbuch Deutsch als Fremdsprache und Duden. Wörterbuch Deutsch als Fremdsprache. Ein kritischer Vergleich. - Lexicographica. Internationales Jahrbuch für Lexikographie 20/2004. 7. Der Weg eines Wortes ins Wörterbuch. - Sprachspiegel 5/1998.
https://pub.ids-mannheim.de/autoren/ids/klosa.html Klosa, Annette and Müller-Spitzer, Carolin. Internetlexikografie: Ein Kompendium, Berlin, Boston: De Gruyter (A), 2016: https://www.degruyter.com/document/doi/10.1515/9783050095615/html
Aparicións en televisión • „Einfluss von Jugendwörtern wie „Cringe“ | RON TV“, RON TV: https://www.youtube.com/watch?v=6f44OewW4As&t=118s Videos educativos ou webinars • “New German Words: Detection and Description”, 18th EURALEX International Congress "Lexicography in global contexts", Ljubljana 2018: https://videolectures.net/euralex2018_klosa_german/ • “Annette Klosa: Internet lexicography: requirements, concepts, research approaches”, eLex conference: https://www.youtube.com/watch?v=O8BQ5Of1228 • “Annette Klosa-Kückelhaus, Carole Tiberius: The Lexicographic Process Revisited”, eLex conference: https://www.youtube.com/watch?v=xzxu7AUBg2g Contribucións a podcasts • „Was bedeutet "Feuerwetter"? Neuer Wortschatz rund um Klima und Umweltschutz“, Leibniz-Institut für Deutsche Sprache: https://www.youtube.com/watch?v=A50nVNkXBE4 • „"Hummelgarten" – Wie poetisch ist der neue Wortschatz rund um Klima und Umweltschutz?“, Leibniz-Institut für Deutsche Sprache: https://www.youtube.com/watch?v=ro3AyFJ3mh4 • „Hat der "Twitteratus" eine Zukunft?“, Leibniz-Institut für Deutsche Sprache: https://www.youtube.com/watch?v=U6qboXFq-ec • „Was bedeutet "enkeltauglich"? Neuer Wortschatz rund um Klima und Umweltschutz“, Leibniz-Institut für Deutsche Sprache: https://www.youtube.com/watch?v=L1mQWylZs4c
Klosa tamén é un membro activo da “Scientific Advisory Commission” da “Algemeen Nederlands Woordenboek" dende 2010. Actuou como revisora de revistas como "Neologica," "RiCognizioni - Rivista di Lingua e Letteratura Stranieri e Culture Moderni" e "International Journal of Lexicography." Ademais das súas funcións organizativas, Annette Klosa é profesora no mestrado “EMLex – European Master of Lexicography.” Tamén é membro da Xunta Executiva Extendida do IDS desde 2019. En 2022, Annette Klosa asumiu o cargo de presidenta do EURALEX / European Association for Lexicography, mostrando o seu liderado dentro da comunidade académica.
Páxina persoal do IDS: https://perso.ids-mannheim.de/seiten/klosa.html [12.01.2024] Biografía e Publicacións: https://de.wikipedia.org/wiki/Annette_Klosa [12.01.2024] Perfil de LinkedIn e fonte da foto: https://www.linkedin.com/in/annette-klosa-k%C3%BCckelhaus-b50883219/?originalSubdomain=de [13.01.2024]
Obada Alzeer
Helena López Santiago
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].
Inicia sesión para deixar un comentario.