Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Maldonado González, Concepción

Creado por Majo o 15/01/2026 ás 15:49.

Nome / Name

Concepción Maldonado González

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Español, inglés e outras linguas románicas

Información biográfica / Biographical information

1962 (España)

Traxectoria profesional / Career description

Doutora pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu a súa carreira primeiro como docente na Universidade San Pablo CEU (1994-2009) e, posteriormente (entre o 1989 e o 2018), como Directora do Departamento de Lexicografía de Edicións SM (España). Actualmente é docente na Universidade Complutense de Madrid. É unha estudosa da lexicografía dende numerosos aspectos de interese: a lexicografía comercial e o traballo editorial, o dicionario didáctico, o dicionario e o seu uso, a estrutura dos recursos lexicográficos, a lexicografía impresa e a dixital, entre outros. Foi directora editorial de más de 100 proxectos en español, inglés, francés, portugués, latín, entre outras linguas. En lexicografía, traballou en proxectos conxuntos con institucións internacionais: a Axencia EFE, a Academia Chilena da Lingua, a Academia Portorriqueña da Lingua, a Academia Dominicana da Lingua ou a Academia Cubana da Lingua. Coeditou proxectos internacionais con empresas globais como Hachette (Francia), Piemme e Hoepli (Italia), Cambridge (Reino Unido), Langenscheidt (Alemania), etc. Colabora de xeito regular coa Asociación de Academias da Lingua na Escola de Lexicografía Hispánica.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

● Maldonado, C. (ed.) (2015): Essential ESL Dictionary, Londres, MacGraw Hill. ● Maldonado, C. (ed.) (2015): Diccionari Caramull Avançat, Madrid, SM Arrels (segona edició, augmentada i actualitzada), (1/2009). ● Maldonado, C. (ed.) (2006) Bosque, Ignacio (dir.): Diccionario práctico combinatorio del español contemporáneo, Madrid, SM. ● Maldonado, C. (ed.) (2004) Bosque, Ignacio (dir.): REDES. Diccionario combinatorio del español contemporáneo, Madrid, SM. ● Maldonado, C. (ed.) (2003) Molero, Antonio: El español de España y el español de América. Vocabulario comparado, Madrid, SM. ● Maldonado, C. (ed.) (2002) Diccionario de español para extranjeros, Madrid, SM. ● Maldonado, C. (ed.) (2001) Diccionario de sinónimos y antónimos del español actual, Madrid, SM. ● Maldonado, C. (ed.) (2001) Agencia EFE: Diccionario de español urgente, Madrid, SM. ● Maldonado, C. (ed.) (1997) Clave. Diccionario de uso del español actual, Madrid, SM. Prólogo de Gabriel García Márquez.

Ligazóns / Links

Extracto: https://www.grupo-sm.com/es/book/diccionario-clave-lengua-espa%C3%B1ola

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Presenza nos medios / Media presence

● Concepción Maldonado. 2014. «Los diccionarios didácticos: una llave maestra en el aula». Simposio internacional sobre «El futuro de los diccionarios en la era digital». RAEInforma - Concepción Maldonado, SM - YouTube: bit.ly/3Wjsci0 ● Concepción Maldonado. 2015 «Lenguas de hoja caduca». TEDxLaValldUixo - YouTube: bit.ly/3YoLxjr

Datos de interese / Interesting facts

Algúns dos seus proxectos ou traballos en colaboración foron premiados internacionalmente: ● a serie de diccionarios IMAGINARIO (1992) conseguíu en 1993 a Medalla de Bronce no WorldDidac. ● a Gramática descriptiva de la lengua española (Bosque/Demonte, 1999, eds., Espasa Calpe), na que participou co capítulo “Discurso directo y discurso indirecto” recibíu o premio europeo Logos (2000). No 2008 foi distinguida como membro honorario do Instituto Boliviano de Lexicografía e posteriormente, no 2017, foi premiada polo Centro de Lingüística Aplicada de Santiago de Cuba polas súas aportacións á Lingüística. Cómpre subliñar que o prólogo do dicionario Clave (1997) foi redactado polo Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez. Actualmente é a Vicepresidenta da Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex) e dende 2018 forma parte do Comité editorial e do Consello de redacción da revista Archiletras (https://www.archiletras.com/), donde colabora con textos de divulgación sobre al linguaxe e a relación entre a linguaxe e as novas tecnoloxías.

Fontes / Sources

● Páxina web da Universidade Complutense de Madrid: https://www.ucm.es/lengespyteoliter/cv-maldonado-gonzalez-m%C2%AA-concepcion ● Foto: Archiletras - https://www.archiletras.com/firma/bien-o-en-familia/

Aut@r da entrada / Author of the entry

María José Domínguez Vázquez

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 07:11].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios