Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Roza Pavlovna Rogozhnikova (Ruso: Рогожникова Роза Павловна)
Ruso
29 de setembro de 1926, Zlatoust (Rusia) - 6 de xullo de 2017
Entre os anos 1943 e 1947, Roza Pavlovna cursou os seus estudos no Instituto Pedagóxico Estatal de Chelyabinsk. En 1952, completou os seus estudos de posgrao e defendeu con éxito a súa tese de doutoramento, obtendo así o título de Candidata de Ciencias Filolóxicas no actual Instituto da Lingua Rusa, que leva o nome de V. V. Vinogradov. Dende 1952 traballa no Arquivo de Fichas do Departamento de Diccionarios do Instituto de Investigacións Lingüísticas da URSS, coñecido como "ЛО ИЯ АН СССР" e actualmente como "ИЛИ РАН". Entre os anos 1968 e 2011, ocupou o cargo de xefa do Gabinete do Arquivo do Departamento de Dicionarios, no cal elevou significativamente os estándares dos procedementos do arquivo ata un novo nivel, sistematicamente e cientificamente avanzado. Nesta época creáronse dicionarios académicos completos da lingua rusa basados no extenso ficheiro do Departamento de Dicionarios. Durante este período escribíronse numerosos artigos e monografías. O grupo Índice de Fichas do Dicionario fixo contribucións substanciais aos aspectos teóricos e prácticos da compilación de dicionarios empregando fichas e á automatización da indexación de fichas e de tarefas relativas aos dicionarios. Recoñecendo a necesidade ineludible de métodos lexicográficos modernos, a comezos da década de 1980, Pavlovna desempeñou un papel pioneiro na introdución da automatización no traballo con dicionarios na Escola Académica de Lexicografía de Leningrado. Esta innovación refléxase nos seus numerosos artigos e no desenvolvemento de novos tipos de materiais de referencia relativos á lingua rusa. Os esforzos de Roza por definir os límites das palabras no procesamento de textos conduciron á identificación de elementos condicionados pola sintaxe, coñececidos estes como equivalentes de palabras, palabras de función compostas e unidades modais; áreas que ata entón foran ignoradas polos lexicógrafos nacionais. Durante varias décadas, Pavlovna participou activamente nos Consellos Académicos da Academia Rusa das Ciencias (ИЛИ РАН), a Universidade Estatal de Tver e a Universidade Pedagóxica Estatal Rusa A.I. Herzen. Supervisou eficazmente o traballo de estudantes de posgrao, aspirantes e estudantes. Ademáis, proporcionó orientación e consultas constantes a expertos rusos e internacionales nos ámbitos da gramática, lexicoloxía e lexicografía rusas. A súa contribución extendeuse á participación activa nos asuntos públicos do Instituto.
Pavlovna foi a autora de varios dicionarios significativos, entre os que destacan os seguintes títulos: "Словарь сочетаний, эквивалентных слову" [Dicionario de combinacións de palabras equivalentes a unha palabra] (Moscova, 1983), "Словарь эквивалентов слова" [Dicionario de equivalencias de palabras] (Moscova, 1991) e "Толковый словарь сочетаний, эквивалентных слову" [Dicionario explicativo de combinacións de palabras equivalentes a unha palabra] (Moscova, 2003). Estas obras ocupan un lugar destacado na lexicografía rusa e seguen estando moi solicitadas. Durante eses anos, a lexicografía académica rusa estivo profundamente inmersa na historia do arquivo do Gran Dicionario, compilado por Ya.K. Groth en 1886. Resistiu ás difíciles circunstancias do século XX, dando lugar finalmente á lexicografía explicativa académica rusa. Un exemplo deste legado é a monografía de Roza "Сокровищница русского слова" [O tesouro de lada palabra rusa] (San Petersburgo, 2003). Rosa Pavlovna é e será, sen ningún xénero de dúbida, unha figura célebre nos anais da lingüística rusa do século XX. Foi coautora do "Словарь современного русского литературного языка" [Dicionario da Lingua Literaria Rusa Contemporánea] e editora do seu undécimo volume. Tamén é autora do "Словарь русского языка" [Dicionario da Lingua Rusa] en catro volumes. En colaboración cos seus colegas, compilou o "Школьный словарь устаревших слов по произведениям русских писателей XVIII-XIX вв" (Dicionario escolar de palabras obsoletas das obras de escritores rusos dos séculos XVIII e XIX) (Moscova, 1996), do que se fixeron varias edicións, e un dicionario de referencia titulado "Редкие слова в произведениях авторов XIX века" [Palabras raras nas obras de autores do século XIX] (Moscova, 1997). O campo da lexicografía aínda non reproduciu a experiencia única do "Сводный словарь современной русской лексики" [Dicionario Unificado do Vocabulario Ruso Contemporáneo] (Moscova, 1991), que, na era anterior a Internet, proporcionou unha valiosa axuda aos lingüistas para establecer os usos das palabras nos principais dicionarios do século XX.
Рогожникова, Р. П. (Ed.). (1997). Редкие слова в произведениях авторов XIX века: словарь-справочник. Russkie Slovari. [Rogozhnikova, R. P. (Ed.). (1997). Palabras raras nos traballos de autores de Século XIX: un dicionario de referencia. Russkie Slovari]. Neste dicionario as entradas inclúen lemas, terminacións flexivas para tres xéneros en ruso xunto con terminacións para formas plurais (para substantivos), definicións, exemplos ilustrativos e as súas fontes (véxase extractos de obras) .
Institute of Linguistic Research of the Russian Academy of Sciences. (2017). Рогожникова Роза Павловна (1926-2017). Русский язык в школе, (9), 75-76. [Rogozhnikova, Rosa Pavlovna (1926-2017). A lingua rusa na escola, (9), 75-76 / Rogozhnikova, Rosa Pavlovna (1926-2017). Russian Language in School, (9), 75-76] Рогожникова Роза Павловна | ИЛИ РАН. (n.d.). Recuperado o 6 de outubro de 2023 de/ Retrieved 6 October 2023, from https://nenadict.iling.spb.ru/persons/rogozhnikova-roza-pavlovna?ysclid=lnenxvkpxu423086263 [Rogozhnikova, Rosa Pavlovna | IRLI RAS. (n.d.)]
Akerke Yessenali
Lola Mosquera
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 07:11].
Inicia sesión para deixar un comentario.