Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Sanmarco Bande, María Teresa

Creado por Lola o 16/01/2026 ás 14:35.

Nome / Name

María Teresa Sanmarco Bande

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Castelán, galego, italiano

Información biográfica / Biographical information

1970 (Galicia, España)

Traxectoria profesional / Career description

María Teresa Sanmarco é doutora en lingüística e profesora titular no departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2003. Imparte aulas no Grao en Lingua e Literatura Modernas (especialidade: italiano) e no Mestrado Mundus en Lexicografía (EMLex). É investigadora adscrita ao Instituto de Lingua Galega (ILG) e forma parte de diversos grupos (Filología Italiana, LICEI) e redes de investigación (RELEX). É coautora de varios dicionarios, autora dunha gramática contrastiva do italiano e estudosa do discurso de xénero e a relación entre a lexicografía e a cultura. A Prof. Sanmarco formouse como lexicógrafa no seo do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, etapa durante a cal traballou na compilación do dicionario italiano-galego /galego-italiano. As súas liñas de investigación principais -a lexicografía, a gramática e a lingüística contrastivas (italiano, galego, español) - , levarona a integrar o grupo de investigación interuniversitario LICEI , dedicado, entre outros, ao estudo da historia da lexicografía italoespañola. Entre os seus estudos e proxectos lexicográficos destacan tamén os vocabularios bilingües galego-italiano de linguas de especialidade do turismo cultural, como por exemplo, de arquitectura, pintura, escultura, gastronomía e hostelería. Adicouse tamén ao estudo de autores como Alfonso de Ulloa, Pasquale Fornari ou Emilio Martínez Amador. Dende o 2013 é membro de PORTLEX, MultiGenera e MultiComb, tres proxectos de lexicografía multilingüe que no seu desenvolvemento inclúen a aplicación de técnicas do procesamento e xeración da linguaxe natural. Xunto cos seus estudos sobre lexicografía e a súa didáctica, Maite Sanmarco participa activamente e organiza diferentes actividades en favor da divulgación e formación lexicográfica. Un exemplo son os diferentes eventos de lexicografía colaborativa, como as sucesivas edicións do EMLEX WIKTIONARY HACKFEST ou as iniciativas abertas que promoven a incorporación de perfís de mulleres na Wikipedia.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Libros: (2017) Lexicografía y didáctica. Diccionarios y otros recursos lexicográficos en el aula. Edición de María José Domínguez Vázquez e María Teresa Sanmarco Bande. Frankfurt:, Peter Lang, 413 pp. ISBN 978-3-631-66448-3. (2010) Domínguez Ferro, Ana Mª; González, Isabel; Sanmarco Bande, Mª Teresa: Vocabulario Galego-Italiano de Hostalería. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 230 pp. ISBN 9788498875331. (2002) Sanmarco Bande, Mª Teresa: Gramática Italiana I. Lugo: Citania. ISBN 84-8231-983-3. (2000) Isabel González (dir.); Blanco Valdés, Carmen; Buono, Benedict; Domínguez Ferro, Ana; De Frutos Martínez, María Consuelo; Gutiérrez Carou, Javier; Marchisio, Cristina; Montes, María; Pavanello, Alessandra; Sanmarco Bande, Mª Teresa: Dicionario Italiano-Galego. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2937-5. Revistas: Martín Gascueña, Rosa & Sammarco Bande, María Teresa: "Falsos amigos léxicos y recursos lexicográficos electrónicos en el ámbito italoespañol", en LINCS 2019. Capítulos de libro: (2016) Sanmarco Bande, María Teresa: «El diccionario en el aula: cómo mejorar las competencias de los usuarios», en Carmen F. Blanco Valdés, Il mezzogiorno italiano: riflessi e immagini culturali del Sud d’Italia. Firenze: Franco Cesati, pp. 933-941. ISBN 978-88-7667-595-9. (2015) Sanmarco Bande, María Teresa: «Tratamiento de los culturemas en la lexicografía italoespañola actual», en María José Domínguez Vázquez & Xavier Gómez Guinovart & Carlos Valcárcel Riveiro (eds.), Lexicografía de las lenguas románicas. Aproximaciones a la lexicografía moderna y contrastiva. Berlin: De Gruyter, pp. 423-440. ISBN 978-3-11-031033-7. Proxectos recentes: (2019-2022) Lingua italiana in territori ispanofoni: analisi storiografica. LITIAS. (Ministero dell'Istruzione, dell'Università e della Ricerca, Progetto PRIN, Bando 2017, Prot. 2017J7H322). IP: Félix San Vicente (Università degli Studi di Bologna). (2017-2021) MultiComb. Generador multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo con aplicación en la producción en lenguas extranjeras (Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, FFI2017-82454-P). IP: María José Domínguez Vázquez (USC). (2017-2019) Generador multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo y automatización de extracción de datos sintáctico-semánticos. MultiGenera. (Ayudas Fundación BBVA a Equipos de Investigación Científica en el área de Humanidades Digitales 2017). IP: María José Domínguez Vázquez (USC). (2016-2018) Rede de Lexicografía RELEX (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ED341D R2016/046). IP: Dolores Sánchez Palomino (Universidade da Coruña). (2013-2015) PORTLEX. Portal lexicográfico: Diccionario online modular multilingüe y corpus informatizado anotado de la frase nominal (Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, FFI2012-32456) IP: María José Domínguez Vázquez (USC).

Ligazóns / Links

Páxina web persoal: http://webspersoais.usc.es/persoais/mt.sanmarco/ Datos de interese: Sanmarco contribúe, dende o seu campo de traballo, a causas sociais. Un exemplo é o desenvolvemento do proxecto “Artemisa.Crecimiento personal y empoderamiento de mujeres en dificultad social”, promovido pola Cruz Vermella. Na mesma liña, a lingüista traballa en prol da visibilización das mulleres no campo da ciencia. Unha pequena mostra da súa actividade neste terreo é a iniciativa Más mujeres en Wikipedia (http://hdl.handle.net/10347/15435), un proxecto levado a cabo en colaboración coa Prof. Calvo Iglesias, que ten como obxectivo o aumento e a mellora da información sobre mulleres científicas na Wikipedia e na Galipedia.

Fontes / Sources

Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela: http://webspersoais.usc.es/persoais/mt.sanmarco/ Foto: Enfócate Branding. Extracto de obra: Isabel González (dir.); Blanco Valdés, Carmen; Buono, Benedict; Domínguez Ferro, Ana; De Frutos Martínez, María Consuelo; Gutiérrez Carou, Javier; Marchisio, Cristina; Montes, María; Pavanello, Alessandra; Sanmarco Bande, Mª Teresa (200): Dicionario Italiano-Galego. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2937-5.

Aut@r da entrada / Author of the entry

Lola Mosquera Sánchez

Tradución da entrada / Translation of the entry

María José Domínguez Vázquez Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios