Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Kristina Štrkalj Despot
Croata, inglés
1978 (Bosnia-Herzegovina)
A doutora Kristina Štrkalj Despot é unha lexicógrafa e lingüista croata cuxas principais liñas de investigación inclúen a lingüística cognitiva, a teoría da metáfora conceptual, a teoría neuronal da linguaxe, a semántica, a lexicografía, a sintaxe, a historia da lingua e a literatura croatas. Štrkalj Despot é vicedirectora do Instituto de Lingua e Lingüística Croatas, onde traballa desde 2003. Graduouse en 2002 e obtivo o título de doutora en 2007 na Facultade de Filosofía de Zagreb. Como bolseira posdoutoral Fulbright, estivo de 2011 a 2012 na Universidade de Berkeley (EE.UU.).
Dicionarios: 2003–2013 - Colaboradora no Old Croatian Dictionary do Instituto de Lingua e Lingüística Croatas Proxectos de investigación: 2022–: Investigadora principal no proxecto Metáfora e metonimia na linguaxe e no pensamento, Instituto de Lingua e Lingüística Croatas. 2022–: Colaboradora no proxecto Marcos semánticos na lingua croata, Instituto de Lingua e Lingüística Croatas. 2019–: Membro do consello de administración da rede europea CA Nexus Linguarum para a ciencia de datos lingüísticos centrada na web. 2019–: Colaboradora no proxecto Terminoloxía lingüística croata, Fundación Croata para a Ciencia. 2018–2022: Investigadora principal en MetaNet.HR – Repositorio de metáforas croatas, Instituto de Lingua e Lingüística Croatas. 2014–2018: MetaNet.HR – Repositorio de metáforas croatas, Fundación Croata para a Ciencia. 2016–2018: Etiquetado semántico de funcións en esloveno e croata, programa bilateral. 2012–2016: MetaNet: Repositorio multilingüe de metáforas, Instituto Internacional de Ciencias da Computación (Berkeley). 2013–2018: Membro do consello de administración da Rede Europea de e-Lexicografía, Acción COST - Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía. 2013–: xestora de proxectos no Corpus de lingua croata, Instituto de Lingua e Lingüística Croatas. 2013–2014: colaboradora no proxecto Terminoloxía croata para conceptos da UE: un marco terminolóxico, Instituto de Lingua e Lingüística Croatas. Publicacións relacionadas coa lexicografía: 2009. Peti međunarodni leksikološko-leksikografski znanstveni skup: Povijesna leksikologija i leksikografija i Računalna leksikologija i leksikografija; Zagreb, 3. – 4. decembro 2009.; referat: Značenje i uporaba suprotnoga veznika da u starohrvatskim tekstovima. 2014. Štrkalj Despot, K. Croatian Metaphor Repository. Proceedings of the 2nd COST ENeL Working Group 3 („Innovative e-dictionaries“) Meeting: „Workflow of Corpus-based Lexicography“. 2015. Štrkalj Despot, K., Moehrs, Christine. Pogled u e-leksikografiju. Rasprave Instituta za hrvatski jezik i jezikoslovlje 41/2. Zagreb. 329-353. 2018. Kosem, I., Lew, R., Müller-Spitzer, K. et al. The image of the monolingual dictionary across Europe. Results of the European survey of dictionary use and culture.International Journal of Lexicography 2018. 1-23. Oxford University Press. Oxford. 2019. Štrkalj Despot, Kristina; Ostroški Anić, Ana. Towards a multilingual figurative thought and language repository. E rječnici i e-leksikografija. Zagreb, Hrvatska. 2020. Štrkalj Despot, Kristina; Ostroški Anić, Ana. 2020. Pregled razvoja hrvatske e-leksikografije. Ur. Brač, Ivana; Ostroški Anić, Ana. Svijet od riječi: terminološki i leksikografski ogledi. Zbornik u čast Maji Bratanić. Institut za hrvatski jezik i jezikoslovlje. Zagreb. 5-24. Cargos en asociacións lexicográficas destacadas: Presidenta do comité organizador do XXI EURALEX International Congress, que terá lugar do 8 ao 12 de outubro de 2024 en Cavtat (Croacia). 2019 - Membro do comité organizador e do comité de program do encontro científico internacional E-dictionaries and E-lexicography. 2019 - Membro do comité organizador da mesa redonda Terminological Challenges and New Directions of Scientific Research e das sesións da comisión de terminoloxía do Comité Internacional Eslavo.
https://danas.hr/hrvatska/dr-sc-kristina-strkalj-despot-epidemija-nije-rat-a-situacija-u-kojoj-se-nalazimo-nije-ratno-stanje-99752956-b9f6-11ec-826b-0242ac120018 https://likaclub.eu/video-crn-tamnoput-ili-afroamerikanac-profesorica-hrvatskog-rjesava-pitanje-jezika-i-politicke-korektnosti/
Foi unha das autoras da monografía Croatian Medieval Poetry, que é a primeira crestomatía completa e monografía de textos medievais croatas escritos en verso entre os séculos XIV e XVI en latín antigo, glagolítico croata e cirílico croata. Publicou dúas novelas: Težina (Dureza), Zagreb: Profil, 2003, e Odjel Babinjače (Maternidade), Zagreb: Profil, 2008, e varios libros infantís. Recibiu os seguintes premios: 2014 - Premio Nacional Croata de Investigación e Educación “Ivan Filipović” 2010 - Premio Académico Nacional da República de Croacia 2010 - Premio “Judita” da Sociedade Croata de Escritores
http://www.croatia.org/crown/articles/10041/1/Croatian-Middle-Age-Poetry-by-A-Kapetanovic-D-Malic-and-K-Strkalj-Despot.html https://scholar.google.hr/citations?user=O570_EUAAAAJ&hl=hr https://euralex.org/ http://ihjj.hr/istrazivac/kristina-strkalj-despot/19/
Marija Žarković
Marta Negro
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].
Inicia sesión para deixar un comentario.