logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- apprehensive, apprehensively, apprentice, apprenticeship, apprise, approach, approbation, appropriate, appropriation, approval, approve, approximately, approximation, April, apron, apt, aptitude, Apulian, aquarium


approval


- noun
- aprobación

EN His glance flickered over our faces with a certain dull approval, and then went round the warm and comfortable room.
GL A súa ollada ía pasando polas nosas caras cunha expresión apagada de aprobación, e dirixiu a mirada ó cuarto cálido e confortable.
- Fonte: TEM (297)
- aceptación

EN It was doubtless the unknown beauty of the garden; but who and where was she-how had she received his letter, and was this picture sent as a token of her approval of his passion?
GL Tratábase, sen dúbida, da descoñecida beleza do xardín, mais, ¿quen era e onde estaba ela? ¿Como recibira a súa carta? ¿E enviara o retrato como mostra de aceptación do seu amor?
- Fonte: ALH (517)
- lexitimidade

EN Between 1930 and 1979, approximately 1,100 feature films were shown in 420 theatres, but not one of them met with the ayatollahs' approval.
GL Se ben a sétima arte introduciu, entre 1930 e 1979, unhas 1.100 películas de ficción proxectadas en 420 salas, o certo é que non tiña a máis mínima lexitimidade a xuízo dos aiatolás.
- Fonte: C03 (165)
- autorización

EN However, underresourced local community stations had little chance of getting official approval.
GL Pola contra, as radios asociativas e comunitarias, menos ricas, non tiñan a máis mínima posibilidade de obte-la autorización da administración.
- Fonte: C19 (208)
- visto e prace

EN Sudan and Ethiopia formed a joint Blue Nile Valley Organization and pledged to study several major infrastructure projects with or without Egypt's approval.
GL Sudán e Etiopía constituíron unha Organización Mixta para o Val do Nilo Azul e comprometéronse a estudiar diversos proxectos importantes relacionados con infraestructuras, con ou sen o visto e prace de Exipto.
- Fonte: C28 (481)