logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- apprehensively, apprentice, apprenticeship, apprise, approach, approbation, appropriate, appropriation, approval, approve, approximately, approximation, April, apron, apt, aptitude, Apulian, aquarium, aquatic


approve


- intransitive verb
- Malia que este verbo semella transitivo canto ó seu significado, en inglés constrúese sen complemento; se o leva, vai precedido da preposición of.
- aprobar

EN Nor do I in any way approve of the modern sympathy with invalids.
GL Ademais, non aprobo de ningunha maneira a simpatía que se lles ten hoxe en día ós inválidos.
- Fonte: ERN (340)
- dar aprobación

EN But he did not speak; he looked; he nodded; he approved; he went on.
GL Pero el non falou; mirou; asentiu; deu a súa aprobación; e logo seguiu co seu paseo.
- Fonte: CAR (524)
- autorizar

EN But the sanctions committee, which has to approve the purchases, can block some items (ranging from lead pencils to chlorine to vaccines) if it thinks they could be used to make weapons of mass destruction.
GL Pero o Comité de Sancións, que autorizaba os pedidos, podía "deixar en suspenso" certos productos (minas para lapis, cloro ou vacinas), se os consideraba potencialmente útiles para a fabricación de armas de destrucción masiva.
- Fonte: C15 (1683)
- apoiar

EN In May 1991, the Windhoek Declaration, drawn up after a UNESCO seminar and later approved by UNESCO's Executive Board, said that an "independent, pluralistic and free press" was vital for "democracy and economic development".
GL En maio, a Declaración de Windhoek, redactada a raíz dun seminario da UNESCO e apoiada logo polo seu Consello, afirma que unha "prensa independente, pluralista e libre" é indispensable para "a democracia nun país, así coma para o desenvolvemento económico".
- Fonte: C09 (1147)
- aceptar

EN Protestants approve of research using embryos as long as it is strictly supervised.
GL As igrexas reformadas aceptan a investigación sobre o embrión sempre que se someta a un estricto control.
- Fonte: C18 (235)
- dar o visto e prace

EN Financed by a 25 per cent cut of the site's receipts, the council is empowered to review and approve all decisions concerning Petra.
GL Financiado cunha deducción do 25% dos ingresos xerados polo sitio, incúmbelle examinar e da-lo seu visto e prace a tódalas actividades que afecten a este.
- Fonte: C12 (501)