logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- barnacle, barometer, baron, baronet, baroque, barrack, barracks, barrage, barred, barrel, barren, barrenness, barricade, barrier, barrister, barrow, bartender, barter, base


barrel


- noun
- barril

EN He could almost pity these mild cultivated people, who would be blown sky high, like bales of wool and barrels of apples, one of these days by the gunpowder that was in him.
GL Case sentía mágoa por esta xente apracible e cultivada que un día había voar polos aires coma fardos de algodón e barrís de mazás por mor da pólvora que el levaba dentro.
- Fonte: CAR (1400)
- bocoi

EN Stephen was glad to go with him on these errands for uncle Charles helped him very liberally to handfuls of whatever was exposed in open boxes and barrels outside the counter.
GL Stephen estaba encantado de ir co tío Charles de recados, pois este convidábao xenerosamente a presadas de canto estivese exposto en caixas abertas e bocois a esta beira do mostrador.
- Fonte: RET (1349)
- canón

EN He looked round for his gun, but in place of the clean well-oiled fowling-piece, he found an old firelock lying by him, the barrel incrusted with rust, the lock falling off, and the stock worm-eaten.
GL Mirou arredor na procura da súa arma, pero no canto da escopeta limpa e ben engraxada, atopou ó seu carón un vello mosquete, que tiña o canón incrustado de ferruxe, o percusor medio caído e a culata abellada.
- Fonte: RIP (107)
- pipa

EN "They attacked the Burkinabé district, smashed up and set fire to our shops and broke open our barrels of cooking oil," he says.
GL "Atacaron o barrio burkinabé, destruíron e queimaron os nosos negocios, desfondaron as nosas pipas de aceite", lembra.
- Fonte: C05 (355)