grimy
adjective
lordento
EN He was a dirty, little, used-up old man with evil eyes and a weak mouth, who swallowed an opium pill every two hours, and in defiance of common decency wore his hair uncovered and falling in wild stringy locks about his wizened grimy face.
GL Era un home sucio, pequeno e consumido, con ollos maliciosos e unha boca sen carácter que engulía unha pílula de opio cada dúas horas; e para desafiar o decoro establecido, levaba o pelo descuberto e caéndolle en guechos enguedellados pola face lordenta e engurrada.
Fonte: JIM (4973)
sucio
EN Scattered on the outskirts of the surrounding plain the factory chimneys rose perpendicular against a grimy sky, each slender like a pencil, and belching out smoke like a volcano.
GL As chemineas das fábricas, espalladas nos arredores das lisas ladeiras veciñas, se erguían perpendiculares contra o sucio ceo, delgadas coma lapiseiros, e vomitando fume coma un volcán.
Fonte: JIM (94)
ruín
EN Trudging along the road or standing in some grimy wayside public house his elders spoke constantly of the subjects nearer their hearts, of Irish politics, of Munster and of the legends of their own family, to all of which Stephen lent an avid ear.
GL Camiño adiante ou parando nalgunha taberna ruín da beira da estrada os seus maiores falaban arreo dos temas máis próximos aos seus corazóns, de política irlandesa, de Munster e das lendas da súa propia familia, a todo o cal Stephen prestaba un ávido oído.
Fonte: RET (1368)
|