logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- printer, printing, prior, priority, prism, prison, prisoner, pristine, privacy, private, privateer, privately, privation, privatization, privatize, privilege, privileged, prize, prizewinning


private


- adjective
- privado

EN She took a look at life, for she had a clear sense of it there, something real, something private, which she shared neither with her children nor with her husband.
GL Mirou para a vida fite a fite, pois tiña clara conciencia de que estaba alí, como algo real, como algo privado que non compartía nin cos seus fillos nin co seu home.
- Fonte: CAR (797)
- secreto

EN However, these thinkings and projects of their were private, and did not show on the surface, and therefore threw no shadow upon the celebration.
GL De calquera xeito, como estes pensamentos e proxectos de seu eran secretos e non se manifestaban ó exterior, non ensombreceron a festa.
- Fonte: LEG (349)
- particular

EN Edna hastened upstairs by a private stairway that led from the rear of the store to the apartments above.
GL Edna subiu a correr por unha escaleira particular que conducía da parte traseira da botica ás dependencias de arriba.
- Fonte: ESP (3103)
- propio

EN William Bankes, thinking what a relief it was to catch on to something of this sort when private life was disagreeable, heard him say something about 'one of the most scandalous acts of the present government'.
GL William Bankes, pensando no alivio que debía de ser poñerse a discutir algo deste tipo cando a propia vida é desagradable, sentiulle dicir algo respecto de «unha das medidas máis escandalosas do goberno actual».
- Fonte: CAR (1442)
- persoal

EN Is this murder the work of some rival gang whom Cassetti had double-crossed in the past, or is it an act of private vengeance?
GL ¿Este asasinato é obra dunha banda rival á que Cassetti traizoou no pasado ou pola contra é un acto de vinganza persoal?
- Fonte: ASA (1680)
- reservado

EN Within a week I was sumptuously equipped with all needful comforts and luxuries, and was housed in an expensive private hotel in Hanover Square.
GL E, en menos dunha semana, xa estaba eu suntuosamente provisto de tódalas comodidades e luxos precisos e aloxábame nun hotel caro e reservado de Hanover Square.
- Fonte: BIL (189)
- confidencial

EN Last year, the credit card issuer rolled out "Private Payments," enabling its customers to go online and obtain "Disposable" credit card numbers that could be used for only one online purchase.
GL O ano pasado, esta central emisora de tarxetas de crédito lanzaba o "pagamento confidencial", que lles permite ós seus clientes conseguiren en liña números de tarxeta de crédito "desbotables", válidos para unha soa operación.
- Fonte: C07 (268)