ready
adjective
rápido
EN Even the pedestrian, moreover, receives a ready welcome, and the charges even to-day are about five francs for the "complete day".
GL Incluso o paseante recibe unha rápida acollida e as tarifas mesmo hoxe non sobrepasan os cinco francos polo día completo.
Fonte: GAL (328)
preparado
EN It stirred not, but seemed gathered up in the gloom, like some gigantic monster ready to spring upon the traveller.
GL Non se movía, pero semellaba estar agachada na escuridade, coma se fose un monstro xigantesco preparado para abalanzarse sobre o viaxeiro.
Fonte: LEN (273)
disposto
EN In a word Rip was ready to attend to anybody's business but his own; but as to doing family duty, and keeping his farm in order, he found it impossible.
GL En resumo, Rip estaba disposto a ocuparse dos problemas de calquera antes que dos seus, mais o que era atender ás obrigacións familiares e mante-la súa granxa en orde, resultáballe imposible.
Fonte: RIP (32)
listo
EN And after all, when the materials were ready, the work of composition would be still to begin.
GL E despois de todo, cando os materiais estivesen listos, aínda estaría por empeza-lo traballo da composición.
Fonte: LET (306)
a punto
EN A steady current of heated air rose all day from the mountain and was thrust to ten thousand feet; revolving masses of gas piled up the static until the air was ready to explode.
GL Unha corrente constante de aire quente foise elevando, ó longo de todo o día, dende a montaña e foi impulsada a tres mil metros de altura; masas revoltas de gas foron xuntando a electricidade estática ata que o aire quedou a punto para estoupar.
Fonte: SEN (4370)
doado
EN "The magic of the market' may work for those who have ready access to capital, information and skills," Indonesia's education and culture minister Juwono Sudarsono last August told an international seminar on Indonesian reforms, "but not for those who lack education, skills and well-placed connections".
GL "A maxia do mercado se cadra funciona para os que teñen un acceso doado ó capital, á información e á formación; mais non para os que non teñen instrucción, nin cualificación, nin boas relacións", declaraba en agosto de 1998 Juwono Sudarsono, ministro de Educación e Cultura en Indonesia.
Fonte: C11 (154)
|