Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
Novidades
-
23/10/25
!
XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social
-
20/10/25
!
Ernesto González Seoane novo membro de número da RAG
O investigador do Instituto da Lingua Galega Ernesto González Seoane foi elixido novo membro de número da Real Academia Galega (RAG), institución da que é membro correspondente desde o ano 2004 e forma parte do seu Seminario de Gramática
-
17/09/25
!
Lexicography on the Road V
O evento Lexicography on the Road V, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, continúa ao longo do mes de outubro con conferencias e obradoiros a cargo de Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo).