Lexicography on the Road V

Data inicio: 
mércores, Setembro 17, 2025 - 10:00
Data fin: 
venres, Outubro 31, 2025 - 19:00
Poster: 
Descrición: 

O mestrado EMLex Erasmus Mundus da USC coorganiza co Instituto da Lingua Galega Lexicography on the Road V desde finais de setembro e ao longo do mes de outubro. Este evento, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, está conformado por unha serie de conferencias e obradoiros impartidos por Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo) sobre lexicografía colaborativa, sistemas de redacción de dicionarios e o futuro da lexicografía.

Na organización tamén participan os membros do noso centro Iván Arias, María Álvarez de la Granja, Ernesto González Seoane, María Teresa Sanmarco Bande e Xulio Sousa.

Programa
17 de setembro, sala D02
Isaac González e Marcos Pichel
  • 10:00-13:00 - Obradoiro: Informatics for linguists (todos os mércores ata o 22 de outubro incluído)
15 de outubro, sala B05
Ángel Huete-García
  • 16:00-18:00 hConferencia: From paper to algorithm: Towards a transformative lexicography 
  • 18:00-20:00 h - Obradoiro: From User to Data: Creating Relevant Lexicographic Content (I)
16 e 17 de outubro, sala B05
Ángel Huete-García
  • 16:00-20:00 h - Obradoiro: From User to Data: Creating Relevant Lexicographic Content (I) and (II)
22 de outubro, sala B06
Carlos Valcárcel
  • 16:00-18:00 h - Conferencia: How Collaborative Dictionaries Can Reshape Professional Training in Lexicography: The Experience of the EMLox Wiktionary Hackfest
29 de outubro, en liña
Ana Salgado 
  • 16:00-18:00 h - Conferencia: Lexicography in Motion: Ongoing Projects at the Lisbon Academy of Sciences 
  • 18:00-20:00 - Obradoiro I: Exploring LeXmart: The Dictionary Writing System of the Lisbon Academy of Sciences 
30 e 31 de outubro, en liña
Ana Salgado 
16:00-19:00 h - Obradoiro Il: Examining Macrostructures and Microstructures: A Comparative Study of Dictionary Structure