Events

Events archive

  • 03/19/24

    O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.

  • 01/30/24

    O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

  • 12/20/23

    O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro.

  • 11/28/23

    Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.

  • 11/20/23

    O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil).

Pages