Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto.
Events
Events archive
-
11/14/23
-
10/30/23
O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía.
-
10/26/23
Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Para tratar estas cuestións, o día 26 de outubro o ILG organiza unha xornada conformada por un obradoiro de Ana Mancera Rueda (Universidade de Sevilla) e unha conferencia de María Lameiras (Universidade de Vigo). A inscrición está aberta ata o 20 de outubro.
-
10/23/23
O luns 23 Juan Manuel Fustes Nario, da Universidade da República (Montevideo), conversará na cuarta sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante a súa estadía no ILG.
-
Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica
10/16/23Este curso será impartido pola profesora Elisângela Santana dos Santos, da Universidade do Estado da Bahia, do 16 ao 18 de outubro na sala B10 da Facultade de Filoloxía da USC.