O xoves 30 de xaneiro tivo lugar un novo encontro de “Visita e café” con Henrique Rodrigues Leroy, da Universidade Federal de Minas Gerais.
Events
Events archive
-
01/30/25
-
01/14/25
O Instituto da Lingua Galega e o proxecto EstandaRev, que se dedica ao estudo comparado dos fundamentos valorativos e ideolóxicos da estandarización de español, catalán, galego e éuscaro en España, organizan este coloquio sobre as e os falantes perante os estándares lingüísticos en Flandres, Noruega e Suráfrica.
-
01/09/25
O xoves 9 de xaneiro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso do noso centro un novo encontro de "Visita e café" con Thayane Gaspar Jorge, da Universidade Federal do Rio de Janeiro.
-
12/13/24
O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
11/27/24
O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do ILG, que conta de novo coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.