Os investigadores do ILG Ricardo Pichel, Xulio Sousa e Xavier Varela participan no VI Congreso Internacional de Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI), que ten lugar na Università Ca’ Foscari de Venecia.
News
-
Membros do ILG no VI CODILI
10/05/22 -
Recollida e validación de datos de voz en galego polo Proxecto Nós a través da plataforma Common Voice
09/30/22Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas.
-
Convocatoria de catro contratos para traballar no ILG
09/29/22O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de outubro.
-
LingüisticaMente II: diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
09/28/22O 28 de setembro vai ter lugar na sala de conferencias do ILG o encontro LingüisticaMente II, organizado polos grupos de investigación PCC e FILGA da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Aberto o prazo de inscrición no Plan Proxecta
09/26/22O ILG participa con dous programas no Plan Proxecta da Xunta de Galicia destinado aos centros de ensino.
-
Membros do ILG no "XIII Congreso da AIEG"
09/21/22Diversos membros do ILG participan no XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que ten lugar en Varsovia entre o 21 e o 24 de setembro.
-
Congreso "Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio"
09/21/22A Real Academia Galega organiza, coa colaboración do ILG e da Asociación Galega de Onomástica, o congreso internacional de toponimia Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio, que terá lugar entre o 21 e o 23 de setembro.
-
Artigo de Maria Santos en ELG
09/20/22Maria Helena Pessoa Santos, profesora da UTAD, publica en Estudos de Lingüística Galega o artigo "Variação no uso do verbo auxiliar estar com valor progressivo – Uma curiosidade sintática na primeira novela contemporânea portuguesa".
-
Artigo de Francisco Fernández Rei no libro de homenaxe a Francho Nagore e Chesús Vázquez
09/20/22O artigo "Arear o peixe antes de cociñalo: textos da cultura mariñeira de Fefiñáns (ría da Arousa)", do investigador do ILG Francisco Fernández Rei, vén de ser publicado no volume Arredol d'a parola: conoxer, amar, esfender l'aragonés. Treballos en omenache a Francho Nagore e Chesús Vázquez.
-
Conferencia de Xosé Afonso Álvarez Pérez no ILG
09/19/22O profesor da Universidade de Alcalá de Henares Xosé Afonso Álvarez Pérez ofrecerá o luns 19 a conferencia "Arraianos: documentación da lingua, memorias e cultura da fronteira España-Portugal".