Encóntrase dispoñible en liña o documento de traballo Recursos e novas metodoloxías para as aulas de Lingua Galega e Literatura, coordinado polas investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei e polo profesor de ensino secundario Nel Vidal Barral, e editado polo Consello da Cultura Galega.
Novedades
-   
          Novo manual para as aulas de Lingua Galega e Literatura11/10/24
-   
          Artigo de Ignacio Palacios e Paloma Núñez Pertejo en ELG11/10/24Ignacio Palacios Martínez e Paloma Núñez Pertejo, da USC, asinan o artigo "Novas prácticas lingüísticas dos falantes urbanos mozos de Londres e Madrid. Un estudo contrastivo baseado en corpus", publicado no n.º 16 da revista en liña Estudos de Lingüística Galega. 
-   
          Conferencia de Juan Manuel Fustes no ILG09/10/24O profesor Juan Manuel Fustes Nario, da Universidad de la República (Montevideo), ofrecerá a conferencia Ensinar o saber dos falantes. Reflexións ao redor dunha indagación no ensino do galego nas últimas catro décadas o 9 de outubro, ás 13 h, na sala de divulgación do noso centro. 
-   
          Elisa Fernández Rei participa nunha mesa redonda sobre CLARIAH07/10/24Elisa Fernández Rei participa o 7 de outubro, ás 11:00 h, na mesa redonda CLARIAH-ES: Impulsando las Humanidades Digitales en España, en que a directora do ILG representa o nodo galego da rede. 
-   
          IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico03/10/24Encóntrase aberto ata o 30 de xuño o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da USC. 
-   
          Montserrat Recalde na Université de Rouen30/09/24A investigadora do ILG Montserrat Recalde ofrecerá o luns 30 de setembro a conferencia "La gheada en gallego: historia de un estigma". Recalde foi convidada polo profesor José Vicente Lozano da Faculté des Lettres et Sciences Humaines da Université de Rouen (Normandía). 
-   
          Xornada Lingua e Matemáticas24/09/24O vindeiro martes 24 de setembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC a Xornada Lingua e Matemáticas, en que participan as investigadoras do ILG Alba Aguete e Clara Lago. 
-   
          Conferencia de Ramón Lorenzo23/09/24O próximo 23 de setembro, ás 12.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía a conferencia do investigador do ILG Ramón Lorenzo Vázquez, que estará acompañado polas tamén investigadoras do noso centro Dolores Vilavedra e Ana Boullón. 
-   
          Ampliación do prazo de inscrición do SIALNI 420/09/24O prazo de inscrición para asistir ao IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico, que vai ter lugar o 3 e 4 de outubro na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi ampliado ata o 20 de setembro. 
-   
          Ampliación do prazo de envío de propostas15/07/24Amplíase ata o 15 de xullo o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e na III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que se realizará o 8 de novembro. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  









