O 13 e 14 de setembro ten lugar en Madrid o III Workshop INTELE, organizado pola rede estratéxica INTELE (Infraestructura de Tecnologías del Lenguaje), en que participan Elisa Fernández Rei, Xosé Luís Regueira Fernández e Xulio Sousa.
Novedades
-
Membros do ILG no "III Workshop INTELE"
12/09/22 -
I Xornadas Vasco-Galegas de Lexicografía
12/09/22O vindeiro luns 12 terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC as I Xornadas Vasco-Galegas de Lexicografía, organizadas polo Instituto da Lingua Galega, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Euskaltzaindia e a Real Academia Galega.
-
Francisco Dubert participa nas III Jornadas "León, cuna del parlamentarismo"
09/09/22Francisco Dubert, investigador do ILG, participará o venres 9 nas III Jornadas León, cuna del parlamentarismo. Las llenguas del caminu, el caminu de las llenguas.
-
Entrevista a Francisco Fernández Rei no "Diario do Salnés"
31/08/22O investigador do ILG Francisco Fernández Rei foi entrevistado no Diario do Salnés.
-
Mostra sobre Luis Seoane en Arxentina
31/08/22O investigador do ILG Pablo García Martínez é un dos comisarios, xunto a Silvia Dolinko, da mostra Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, que pode verse en Bos Aires ata o 27 de novembro.
-
Publícase o libro "Até aquí podo contar. A lingua da Illa de Ons"
23/08/22José Manuel Dopazo, colaborador do ILG, publica o libro Até aquí podo contar. A lingua da Illa de Ons na editorial Chan da Pólvora.
-
"Estudos de Lingüística Galega" renova o selo de calidade FECYT
11/08/22Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade concedido pola Fundación para la Ciencia y la Tecnología ás revistas científicas españolas.
-
Páxina web do proxecto "Toponomasticon Hispaniae"
04/08/22Xa pode consultarse a páxina web do proxecto Toponomasticon Hispaniae, que ten como obxectivo o estudo e divulgación dun corpus seleccionado de nomes de lugar de todo o territorio español e portugués.
-
Nova sección sobre a historia do ILG
04/08/22Xa se pode consultar na nosa páxina web a sección que recolle os 50 anos de historia do ILG.
-
O ILG incorpórase aos Centros K-CLARIN
29/07/22O Instituto da Lingua Galega acaba de integrarse nos Centros de Coñecemento CLARIN, que forman parte da infraestrutura europea dixital CLARIN.