O profesor Petr Čermak, da Univerzita Karlova, presenta o martes 16 a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía, ás 12 horas.
Novedades
-
Presentación da primeira gramática do galego para checofalantes
16/09/25 -
Número especial da revista Languages sobre lingüística galega
06/08/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega.
-
Oferta de emprego no Proxecto Nós
25/07/25Está aberta unha nova oportunidade profesional no Proxecto Nós, que procura profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025.
-
Nova publicación sobre a poesía popular oral co gallo das Letras Galegas
25/06/25A investigadora do ILG Ana Boullón edita e coordina o volume Canta ti, cantarei eu. A poesía popular oral, publicado por Edicións USC, co gallo do Día das Letras Galegas. Nel poden lerse os traballos dos membros do noso centro Antón Santamarina e María Álvarez de la Granja.
-
XXV Simposio Internacional do Atlas Linguistique Roman
19/06/25Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.
-
Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza
19/06/25O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición.
-
Investigadoras do ILG na Xornada Con-Ciencia
16/06/25As investigadoras do ILG Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 16 de xuño na II Xornada de Experiencias Con-Ciencia co obradoiro Consigue o teu título de detective lingüístico. O alumnado de 1.º de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira puido achegarse dun xeito lúdico á investigación lingüística do galego a través de distintos recursos en liña desenvoltos no ILG.
-
Visita de estudantes da Philipps-Universität Marburg
13/06/25O pasado 13 de xuño recibimos a visita dun grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Philipps-Universität Marburg, que puideron coñecer o ILG e o traballo que se leva a cabo no centro.
-
Conferencia de Anik Nandi no ILG
11/06/25Anik Nandi, profesor da Woxsen University (India), ofrecerá o mércores 11 de xuño a conferencia Micropolíticas familiares e a cidadanía sociolingüística dos proxenitores galegos e vascos: ideoloxías, xestión e prácticas de revitalización lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega e o ILG, terá lugar lugar na sala de divulgación do noso centro ás 13 h.
-
Visita da URALIC Centre for Indigenous Peoples ao ILG
09/06/25A delegación da organización estoniana URALIC Centre for Indigenous Peoples, ONG con base en Estonia que promove os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas, especialmente do ámbito urálico, visitou o 9 de xuño o noso centro na compaña de Marcos Maceira, presidente de A Mesa.