Novedades

  • Destacado

    A diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital

    22/07/25

    O Instituto da Lingua Galega, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego na plataforma colaborativa Common Voice.

  • Destacado

    Nova publicación sobre a poesía popular oral co gallo das Letras Galegas

    25/06/25

    A investigadora do ILG Ana Boullón edita e coordina o volume Canta ti, cantarei eu. A poesía popular oral, publicado por Edicións USC, co gallo do Día das Letras Galegas. Nel poden lerse os traballos dos membros do noso centro Antón Santamarina e María Álvarez de la Granja.

  • Destacado

    Investigadoras do ILG na Xornada Con-Ciencia

    16/06/25

    As investigadoras do ILG  Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 16 de xuño na II Xornada de Experiencias Con-Ciencia co obradoiro Consigue o teu título de detective lingüístico. O alumnado de 1.º de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira puido achegarse dun xeito lúdico á investigación lingüística do galego a través de distintos recursos en liña desenvoltos no ILG.

  • Destacado

    Nova lista de difusión de CLARIAH-GAL

    17/03/25

    CLARIAH-GAL, nodo galego de CLARIAH-ES coordinado polo Instituto da Lingua Galega e que conta coa colaboración do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, conta desde hai uns días cunha lista de difusión para informar sobre as novidades relacionadas coas infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH e coas Humanidades Dixitais en xeral.

  • Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía

    26/11/25

    A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións do 26 ao 28 de novembro de 2025, co gallo do 50.º aniversario da súa fundación. O prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 20 de xullo.

  • XXV Simposio Internacional do Atlas Linguistique Roman

    19/06/25

    Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.

  • Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza

    19/06/25

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • Visita de estudantes da Philipps-Universität Marburg

    13/06/25

    O pasado 13 de xuño recibimos a visita dun grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Philipps-Universität Marburg, que puideron coñecer o ILG e o traballo que se leva a cabo no centro.

  • Conferencia de Anik Nandi no ILG

    11/06/25

    Anik Nandi, profesor da Woxsen University (India), ofrecerá o mércores 11 de xuño a conferencia Micropolíticas familiares e a cidadanía sociolingüística dos proxenitores galegos e vascos: ideoloxías, xestión e prácticas de revitalización lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega e o ILG, terá lugar lugar na sala de divulgación do noso centro ás 13 h.

  • Visita da URALIC Centre for Indigenous Peoples ao ILG

    09/06/25

    A delegación da organización estoniana URALIC Centre for Indigenous Peoples, ONG con base en Estonia que promove os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas, especialmente do ámbito urálico, visitou o 9 de xuño o noso centro na compaña de Marcos Maceira, presidente de  A Mesa.

Páginas