Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
Novedades
-
XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social
23/10/25 -
Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA
15/10/25A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada este mércores 15 na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Curso formativo sobre o sistema LATEX no ILG
07/10/25O 7 e 8 de outubro tivo lugar na sala de divulgación do noso centro o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez.
-
Visita e café con Celineide dos Santos
07/10/25O martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana, quen nos falará do proxecto que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG.
-
Presentación do volume monográfico 'New Developments in Galician Linguistics'
18/09/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira presentan na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 18 de setembro, ás 12 h, o número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics.
-
A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega
17/09/25Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.
-
Lexicography on the Road V
17/09/25O evento Lexicography on the Road V, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, continúa ao longo do mes de outubro con conferencias e obradoiros a cargo de Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo).
-
Presentación da primeira gramática do galego para checofalantes
16/09/25O profesor Petr Čermak, da Univerzita Karlova, presenta o martes 16 a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía, ás 12 horas.
-
Nova versión do corpus de textos parlamentarios Parlamint con importantes melloras
08/09/25Acaba de facerse pública a versión 5.0 do corpus ParlaMint, na que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). Esta nova versión permite a anotación automática por temas e a anotación automática dos sentimentos nas intervencións.
-
Número especial da revista Languages sobre lingüística galega
06/08/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega.





