Presentación do 'Manual of Galician Linguistic'

O xoves 3 de abril, ás 12:30 h, vaise presentar o volume Manual of Galician Linguistics, publicado en De Gruyter, no salón de graos da Facultade de Filoloxía. No acto intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores da obra, e o profesor da Facultade de Filoloxía da USC Víctor Longa Martínez.
O Manual o Galician Linguistics foi concibido para servir de obra de referencia para o estudo da lingua e da lingüística galega. O seu precedente máis inmediato pode atoparse nos oito capítulos publicados en 1994 no sexto volume do Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL). Estes capítulos, que proporcionaban unha visión xeral actualizada do estado da lingüística galega naquel momento, supuxeron no seu día un avance significativo na difusión do coñecemento sobre a lingua galega dentro da comunidade científica.
Os editores organizaron e deseñaron o volume seguindo a tradición das obras de referencia sobre linguas románicas. A intención foi reunir unha serie de expertos para desenvolver achegas actualizadas sobre os aspectos fundamentais da investigación en lingüística galega. O obxectivo desta colección é que os lectores atopen unha presentación do estado da arte nas principais subdisciplinas da lingüística e unha caracterización integral de cada unha das variedades románicas. En liña con este obxectivo, cada capítulo do volume aborda os temas de forma exhaustiva, clara e rigorosa para que o lector poida obter a información fundamental que lle poida servir de punto de partida para realizar un estudo máis profundo.
Listaxe de autores