A investigadora do ILG Reyes Rodríguez presenta este sábado 1 de febreiro o seu libro A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. O acto terá lugar, ás 17 h, no salón de plenos do Concello de Entrimo e a autora estará acompañada do profesor da Universidade de Vigo Alexandre Rodríguez Guerra.
Novedades
-
Presentación do libro de Reyes Rodríguez sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
01/02/25 -
"Visita e café" con Henrique Rodrigues Leroy
30/01/25O xoves 30 de xaneiro tivo lugar un novo encontro de “Visita e café” con Henrique Rodrigues Leroy, da Universidade Federal de Minas Gerais.
-
Speakers and language standards in Flanders, Norway and Southafrica: ongoing processes and new lines of research
14/01/25O Instituto da Lingua Galega e o proxecto EstandaRev, que se dedica ao estudo comparado dos fundamentos valorativos e ideolóxicos da estandarización de español, catalán, galego e éuscaro en España, organizan este coloquio sobre as e os falantes perante os estándares lingüísticos en Flandres, Noruega e Suráfrica.
-
Visita e café con Thayane Gaspar Jorge
09/01/25O xoves 9 de xaneiro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso do noso centro un novo encontro de "Visita e café" con Thayane Gaspar Jorge, da Universidade Federal do Rio de Janeiro.
-
Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA
17/12/24O ILG e o CiTIUS da USC ofertan catro prazas con perfil de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto.
-
LingüisticaMente IV. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
13/12/24O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
O BNG visita o Instituto da Lingua Galega
10/12/24Hoxe recibimos no Instituto da Lingua Galega unha delegación do BNG integrada por Ana Pontón, voceira do partido, a deputada Mercedes Queixas Zas e o deputado Daniel Castro García, que solicitaron manter unha reunión coa dirección do centro.
-
Reyes Rodríguez publica un libro sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
04/12/24Acaba de saír do prelo A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego, da investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez, na colección Materiais Lingüísticos do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
-
Defensa da tese de doutoramento de Clara Lago Caamaño
02/12/24Clara Lago Caamaño defendeu o 2 de decembro a tese de doutoramento Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación, dirixida polo investigador do noso centro Xulio Sousa. O traballo de investigación foi cualificado con sobresaliente cum laude.
-
Novo artigo en ELG sobre actitudes lingüísticas
27/11/24Ana María Iglesias Álvarez, da Universidade de Vigo, Pedro Álvarez Mosquera, da Universidad de Salamanca e da University of South Africa, e Alejandro Marín Gutiérrez, da Universidad del Atlántico Medio, asinan o artigo "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: o caso galego" no n.º 16 da revista Estudos de Lingüística Galega.