O proxecto Mulleres na lexicografía / Woman in Lexicography, dirixido pola investigadora do ILG M.ª José Domínguez Vázquez, vén de acadar o 1.º premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia nos XIV Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación, concedidos pola Universidade de Santiago de Compostela.
Novedades
-
Mulleres na lexicografía, 1.º premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia
14/07/23 -
Publícase o corpus ParlaMint 3.0 con datos do Parlamento galego
05/07/23Acaba de facerse público o corpus ParlaMint 3.0, en que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e etiquetaxe dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). ParlaMint é un proxecto que se desenvolve no marco de CLARIN, cuxo obxectivo é a creación dun corpus de sesións parlamentarias multilingües comparables e homologadas.
-
Comezan os Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"
04/07/23O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega retomaron onte a celebración dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, despois de tres anos de interrupción por mor da pandemia de coronavirus, que organizan co apoio económico da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
-
Entrevista á directora do ILG
03/07/23Elisa Fernández Rei ofreceu unha entrevista ao xornal Nós Diario con motivo do seu recente nomeamento como directora do Instituto da Lingua Galega.
-
Membros do ILG en distintos eventos científicos
30/06/23O persoal investigador do ILG participa neste mes de xuño en diversos eventos científicos.
-
II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
30/06/23Amplíase ata o 30 de xuño de 2023 o prazo para o envío de propostas de comunicación á II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega da USC e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Esta segunda edición terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Atopan a primeira receita médica en galego
21/06/23Ricardo Pichel, colaborador do ILG e profesor da Universidade de Alcalá de Henares, e Ricardo Pousa, da Universidade de Vigo, son os responsables de encontrar a primeira receita médica en galego. Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid.
-
Xulio Sousa nun encontro da rede CLARIAH-ES
16/06/23O investigador do ILG Xulio Sousa participou os días 15 e 16 de xuño nun encontro na Universidade de Alicante para crear a infraestrutura da rede estratéxica CLARIAH-ES.
-
Cursos de verán da USC
16/06/23Membros do ILG organizan e participan nos cursos de verán da USC Corpus lingüísticos: recursos e métodos para a súa explotación e Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX. O primeiro terá lugar do 10 ao 14 de xullo na Facultade de Filoloxía e o segundo, do 4 ao 6 de setembro en Vilanova de Lourenzá. O prazo de matrícula aínda se atopa aberto.
-
II Congreso Toponomasticon Hispaniae
15/06/23Encóntrase aberto ata o 15 de xuño o prazo de envío de propostas para o II Congreso Toponomasticon Hispaniae. Claves en la investigación toponímica, que terá lugar en Miraflores de la Sierra e Alcalá de Henares (Madrid) entre os días 2 e 4 de outubro de 2023.