Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre o ALGa no Ateneo de Santiago

Data inicio: 
luns, Xaneiro 19, 2026 - 19:30
Lugar: 
Sede do Ateneo na Rúa do Vilar, Santiago de Compostela
Poster: 
Descrición: 

O Ateneo de Santiago acolle a conferencia “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois”

O Ateneo de Santiago acolle unha nova sesión do ciclo Os Luns do Ateneo, que terá lugar o 19 de xaneiro, ás 19:30 horas, na súa sede da Rúa do Vilar en Santiago de Compostela. 

Nesta ocasión, a conferencia leva por título "O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois" e estará a cargo de Francisco Fernández Rei, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega. 

A charla propón unha revisión histórica e científica do Atlas Lingüístico Galego, unha obra fundamental para o estudo da variación dialectal do galego, medio século despois do seu inicio. Ao longo da intervención, o relator abordará a relevancia deste proxecto na investigación lingüística, o seu impacto no coñecemento da lingua galega e a súa vixencia no contexto actual.

A actividade está organizada polo Ateneo de Santiago e conta coa colaboración do Instituto da Lingua Galega. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.