Conferencia de Luke Bishop no ILG

Data inicio: 
xoves, Maio 30, 2024 - 13:00
Data fin: 
xoves, Maio 30, 2024 - 14:00
Poster: 
Descrición: 

O investigador visitante no ILG Luke Bishop, da University of Texas, ofrecerá a conferencia "Na miña variedade, sen dúbida": identidades diversas dos neofalantes na provincia de Ourense o xoves 30 de maio, ás 13 h, na nosa sala de divulgación.

Resumo
Nesta conferencia presentaranse os resultados dunhas 50 entrevistas a neofalantes de galego da provincia de Ourense. A partir destes datos ofreceranse algunhas conclusións preliminares sobre as motivacións que conducen á mudanza de lingua. Estas entrevistas, realizadas en oito concellos da provincia de Ourense, mostran perfís variados en canto á biografía lingüística, ás motivacións para o cambio de lingua e ás actitudes cara á variedade normativa.
 
Por outra parte, tamén se presentarán algunhas reflexións sobre a utilidade do termo neofalante na lingüística e nas ciencias sociais, e suxerirase un esquema para outros investigadores e investigadoras que permita chegar a un entendemento común do fenómeno que engloba toda a variación sociolingüística e identitaria das persoas neofalantes.