Curso de Excel para Lingüistas

Neste curso, impartido pola docente da Facultade de Matemáticas M.ª José Ginzo Villamayor os días 20, 27 e 29 de febreiro no ILG, preténdese explicar as diferentes funcións existentes na folla de cálculo Excel para automatizar traballos que permitan a preparación de datos para a súa análise estatística. Así mesmo, preténdese familiarizar o alumnado con algunhas técnicas estatísticas básicas (accesibles dende a folla de cálculo) e co manexo da ferramenta informática Excel para o seu tratamento. As distintas ferramentas ilustraranse con datos reais do ámbito da lingüística.
O curso está organizado polo Instituto da Lingua Galega e polo grupo Variation, Linguistic Change and Grammaticalization da USC e conta co financiamento do Ministerio de Cultura do Goberno de España e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.