Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros 2013

Data inicio: 
xoves, Xullo 4, 2013 - 12:30
Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros XXVI edición (4-24 xullo 2013)

O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.

Dentro dos cursos haberá distintos niveis:

Nivel elemental, de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento. O alumnado deste nivel distribuirase previsiblemente en dous grupos, segundo o grao de comprensión da lingua, mediante a realización dunha proba de nivel.

Nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou que demostre un coñecemento básico do idioma mediante a realización dunha proba de nivel.

Curso superior de Filoloxía Galega , para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio do galego.

 

ORGANIZAN:
REAL ACADEMIA GALEGA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (USC)
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA (XUNTA DE GALICIA)

Director: Manuel González González
Secretaria: Ana García García

 

Sección

Contacto

Secretaría dos cursos:
Tfno. 0034 981 207 308
Enderezo electrónico: 
cursos@realacademiagalega.org 
secretaria@realacademiagalega.org

Dirección dos cursos:
Tfno. 0034 881 812 814
Enderezo electrónico: 
ilgcurso@usc.es