Simposio Metodoloxía para o estudo perceptivo da variación prosódica dialectal

Data inicio: 
xoves, Xaneiro 17, 2013 - 12:30
Lugar: 
Facultade de Filoloxía
Descrición: 

Estas xornadas agrupan unha serie de actividades diferentes, encamiñadas a fornecer unha visión multidisciplinar dos estudos de dialectoloxía perceptiva. Os obxectivos son:

• Discutir aspectos metodolóxicos relativos á análise perceptiva en xeral e á confección dos tests perceptivos en particular.

• Estudar vías para o confrontamento e o estudo conxunto dos resultados obtidos a partir das análises cuantitativas e das investigacións perceptivas que se están desenvolvendo na actualidade no campo da dialectoloxía.

• Debater métodos para a análise dos datos obtidos nos traballos perceptivos, así como examinar as posibilidades que nos ofrecen outras disciplinas para a visualización dos resultados.

• Situar os estudos perceptivos existentes no ámbito da prosodia dialectal nunha perspectiva máis ampla e abranxente, de xeito que poidamos propoñer novas liñas de investigación que contribúan ao avance da dialectoloxía perceptiva.

• Propoñer o desenvolvemento de ferramentas e aplicacións que faciliten a investigación no ámbito da dialectoloxía perceptiva.

Actividades:

1. Simposio Estudos perceptivos e prosodia dialectal: metodoloxía, análise e vías de desenvolvemento2. Seminarios

        1) Análises cuantitativas dos datos prosódicos        2) Estudos perceptivos de variación prosódica3. Cursos de formación4. Taller Recursos para o estudo perceptivo da variación dialectal