Validatón 2025: axúdanos a impulsar a tecnoloxía da fala en galego!

Data inicio: 
luns, Marzo 31, 2025 - 00:00
Data fin: 
xoves, Abril 10, 2025 - 20:00
Lugar: 
Instituto da Lingua Galega (USC)
Poster: 
Descrición: 
O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Non é preciso ser especialista en galego, só ter vontade de colaborar!
Common Voice é unha plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo que doan a súa voz e tamén contribúen avaliando como válidas ou non as doazóns feitas por outras persoas. O obxectivo deste proxecto colaborativo é crear grandes corpus de datos orais que poidan ser empregados para adestrar modelos de recoñecemento da fala en distintas linguas, entre elas o galego.
 
Recoñecemento académico: suma un crédito mentres colaboras! 
A túa participación no Validatón 2025 non só axuda a mellorar a tecnoloxía da fala en galego, senón que tamén pode contar para o recoñecemento dun crédito ECTS dentro da convocatoria da USC para a recollida e validación de datos de voz en galego. Se queres saber máis sobre como validar a túa participación, consulta os requisitos específicos da actividade nesta ligazón
 
Como funciona? 
A competición terá dúas fases: 
  • Fase en liña (31 de marzo - 10 de abril ás 12 h): poderás participar dende calquera lugar, realizando contribucións na plataforma de Common Voice. 
  • Fase presencial (10 de abril das 16 ás 20 h): sesión presencial no Instituto da Lingua Galega (ILG) cunha actividade para Common Voice, merenda e entrega de premios! 
Poderás competir en tres categorías
  • Gravación de fragmentos de voz 
  • Validación de audios 
  • Xeración de frases 
Premios e recoñecementos 
  • Haberá un premio para a persoa gañadora de cada categoría. 
  • A persoa con máis contribucións totais será recoñecida como campioa global. 
  • Todas as persoas participantes recibirán un agasallo. 
  • A entrega de premios terá lugar no ILG ao rematar a fase presencial. 
Como participar? 
  1. Inscríbete previamente a través do formulario (dispoñible ata as 12:00 h do 10 de abril). 
  2. Crea unha conta en Common Voice se aínda non a tes. 
  3. Grava e valida audios ao longo do período da competición en liña. 
  4. O 10 de abril ven ao ILG armado de creatividade para escribir frases que melloren a diversidade de Common Voice! 
Comparte a túa experiencia nas túas redes sociais co cancelo #ValidatónILG25 e únete a este reto para darlle máis futuro ao galego!