"Visita e café" con Angelo de Souza Sampaio
Data inicio:
xoves, Setembro 28, 2023 - 11:00
Poster:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/actividades_img/visita_e_cafe_con_angelo_de_souza_sampaio.png?itok=qh36xvJO)
Descrición:
O xoves 28 Angelo de Souza Sampaio, da Universidade Federal da Bahia (UFBA), conversará na terceira sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu ano no ILG. O obxectivo da súa estadía é ampliar os seus coñecementos en fraseodidáctica xunto ao grupo de investigación Fraseonet, dirixido pola profesora María Isabel González-Rey. O seu vínculo co ILG é debido ao acordo bilateral existente entre a UFBA e a USC (CELGA/ILG).