Actividades

Histórico de actividades

  • 09/06/25

    Encóntrase aberto ata o 31 de maio o período de inscrición para asisitir ao V Congreso Toponomasticon Hispaniae, último da primeira fase do proxecto do mesmo nome e que terá lugar do 9 ao 11 de xuño de 2025 na Facultade de Filoloxía da USC.

  • 09/05/25

    II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

  • 22/04/25

    Sabela Salgueiro, traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero, falará sobre ferramentas para previr a ciberviolencia sexual o 22 de abril, ás 16:30 h, na sala de divulgación do Instituto da Lingua Galega da USC. Tamén poderá seguirse en directo a través da nosa canle de Youtube.

  • 10/04/25

    O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais, ademais dalgunha sorpresa e dun pequeno agasallo para o alumnado participante.

  • 02/04/25

    O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).

Páxinas