Conseguiuse que a lingua galega sexa hoxe a décima do mundo con maior número de horas recollidas na plataforma pública Common Voice, ao multiplicar por 20 a súa presenza, posto que se pasou de 18 a 367 horas de rexistros de voz dispoñibles.
Novidades
-
18/12/25
!
O galego sitúase na vangarda das tecnoloxías intelixentes a través do Proxecto Nós-ILENIA
-
15/12/25
!
Aberto ata o 31 de decembro o prazo de envío de propostas para o CIDS 2026
O prazo de envío de propostas para participar no VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Socioligüística (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Projeto Atlas Linguístico do Brasil, amplíase ata o 31 de decembro de 2025.
-
03/11/25
!
Presentación do libro 'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística'
O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume.





