Incorporación dun centro de ensino portugués ao programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Data: 
mércores, Novembro 28, 2018 - 12:00
Imaxe: 
O alumnado de 10º ano do Curso Profissional de Técnico de Turismo da Escola Básica e Secundária de Rebordosa (Porto, Portugal) participa este ano lectivo no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, desenvolvido polo ILG en colaboración co Centro de Linguística da Universidade do Porto. O alumnado xa comezou a recoller os primeiros datos entre os usuarios do centro de día da Associação de Desenvolvimento de Rebordosa.
 
Este programa é unha acción do plan Proxecta, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e intégrase no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP). A súa finalidade é promover a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial.