Plataforma colaborativa DOA

Data: 
mércores, Xaneiro 13, 2021 - 10:00
Imaxe: 

A comezos do mes de xaneiro puxemos en marcha a través das redes sociais o proxecto DOA, no marco do subproxecto de Geoarpad Patrimonio léxico da Gallecia.

En DOA pedímoslle á cidadanía que nos regale as súas palabras, cubrindo uns sinxelos cuestionarios. Comezamos con dous formularios sobre insectos, pero é o noso obxectivo lanzar sucesivas campañas con novos cuestionarios sobre outros temas.

Os datos léxicos recadados, convenientemente identificados co nome do proxecto, serán integrados no Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués e en Patrimonio léxico da Gallaecia, pero procuraremos tamén ofrecer resultados específicos do proxecto en diferentes formatos. 

O sistema de participación é doado, de xeito que calquera que queira pode colaborar. Simplemente cómpre cubrir os formularios que se irán poñendo na páxina do proxecto, con temáticas que irán mudando en sucesivas campañas.

Moitas grazas de antemán pola vosa axuda coa difusión do proxecto e beizón polas vosas palabras.